Xan María Castro, activo sindicalista, pasou seis meses no cárcere da Coruña.
«Fixemos unha folga de fame e metéronos en celas de castigo. Estaban nos sotos, cunha humidade terrible e unha manta nada máis. E volvemos poñernos en folga. Eu non morrín porque o compañeiro da cela do lado, Rafael Pillado —outro coñecido sindicalista— avisou aos gardas, que me sacaron en mínimos de tensión. O caso saíu na prensa, tivo repercusión internacional, e deixaron de usar aquelas celas inhumanas»
Debe estar conectado para enviar un comentario.