Julio Aneiros, un referente na loita sindical

Naceu en Valdoviño, nunha familia campesiña moi humilde e con oito fillos.

Ós 12 anos estaba no Ferrol traballando na hostelería, ata que en 1936 foi chamado a filas, tocándolle destino en Tui, Africa, a fronteira con Francia, Extremadura, etc…mais non chegou a pasar por o campo de batalla.

En 1941, con vintecinco anos entrou a traballar na Bazán. Alí foi onde tivo o primeiro contacto co movemento obreiro: as charlas cos compañeiros e o acceso a lecturas clandestinas o ilustran e vai reafirmando a sua conciencia social e o seu compromiso político.

En 1945 implícase decididamente na labor de reorganizar o Partido Comunista na factoría, e é así cómo no seguinte ano promove e participa na “Huelga del Aceite” (27.6.1946), unha das primeiras folgas da posguerra que o réxime franquista reprimiu duramente, con prisión e suspensión de empleo a moitos traballadores.

En 1960 formase o primeiro xurado de empresa de Bazán, Julio Aneiros e elexido vocal en representación dos especialistas. En 1961, él e mais Paco Filgueiras, reúnense en París con Santiago Carrillo e outros dirixentes do PCE, onde se estableceron as estratexias que levarían reorganizar o PC en Bazán, mediante a ruptura do Sindicato Vertical desde dentro, utilizando así tanto as estructuras legales como as extralegales.

Así foi como, xunto con Paco Filgueiras e Paco Balón, reorganizouse o PC na Bazán e se creou a estructura das Comisiones Obreras. Os sesenta foron uns anos de incansable traballo político e sindical, pois as condicions laborais e de vida dos traballadores eran durísimas e a dictadura mantiña unha forte represión frente as reivindicacios. As actividades sindicais e políticas golpearon continuamente a Julio Aneiros, que foi procesado polo TOP en 1967 e encarcerado repetidamente: en 1969 (acusado de pertencer o PC, sendo torturado “atrozmente”), en diciembre de 1970 (cando o Consello de guerra de Burgos, condenano a tres anos de cárcere, pero o indultan ós seis meses), e en 1971 (durante o estado de excepción). Nesta última estadía no cárcere da Coruña, xunto con Rafael Pillado, declaráronse en folga de fame para denunciar a arbitrariedade das detencions, e estiveron  mais de dous meses incomunicados.

Pero o peor aínda estaba por vir nos terribles sucesos do dez de marzo de 1972. Cando na ponte das Pías de Ferrol os disparos da policía mataron a Amador e Daniel, Julio Aneiros recibiu un balazo no pulmón.  “Gravísimamente herido de bala, que estuvo quince días entre la vida y la muerte”.

A operación dura cinco horas, e permanecerá dous meses ingresado o hospital, vixiado dia e noite por unha parella de policías.

O sair do hospital foi levado novamente o cárcere. Cando tres anos mais tarde celebrouse o xuizo en Madrid (“Proceso dos 23” – Sumario 489/72 do TOP), Julio Aneiros foi acusado de asociación ilícita e terrorismo, cargos por os que o fiscal lle pedía sete anos de prisión. Finalmente foi declarado culpable de participar na manifestación, e a condena imposta foi de 3 anos e 7 meses.

Ca chegada da democracia Julio Aneiros continuou ca sua labor no PCG e nas CCOO. Na sua xubilación, tras trinta e oito anos no asteleiro, seguiu na Executiva da Federación de Pensionistas e Xubilados das CCOO: mantivo o seu compromiso sindical e político toda a súa  vida. 

Blanco Carballo, Antonio e Bustabad Hermida, Lorena . Biografías obreiras de Ferrol . Fundacióm 10 Marzo. Santiago de Compostela 2011

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s