“Durante o día, no penal da Coruña, os presos políticos facían vida en común, celebraban faladoiros, comían xuntos e beneficiábanse da solidariedade mútua”
Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

“Despois fun xulgado polo TOP e leváronme a Carabanchel, alí estaban os dirigentes do proceso 1001: Sartorius, Camacho e Ariza dos que escoitara falar na prisión da Coruña, Tamén estaban Francisco Romero Marín e Simón Sánchez Montero. Na Coruña era como estar facendo o Bachillerato pero en Carabanchel , pola formación e o nivel intelectual era como ir á Universidade ( ..) falaban como se foran ministros”
Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos
“O cárcere cambioume a vida totalmente” (…..)
Vivía anguriado e o agarrotamento de Salvador Puig Antich o 2 de marzo de 1974, deulle para matinar que podía morrer: “ Tiven medo moitas veces e por moitas cousas, pero o asesiñato de Salvador, a súa morte, a pouca xente que foi ó seu enterro, aquela soidade da familia, nese proceso volvo a ter medo. Ese proceso anímico foi superado coa solidariedade e apoio dos compañeiros”
Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos
“As dez da noite pechábanse as celdas individuales: escoitábase o golpe na porta, era moi cruel e moi duro ( ..) tiña na miña celda colgadas moitas citas bíblicas e axudábame moito a poesía de Miguel Hernández”
Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos
Debe estar conectado para enviar un comentario.