Vida solidaria e clases

gris

“Había  xente desapegada como Álvarez Areces, Rafael Bárez, Pillado, Miramontes e daban clase de inglés , ruso, facían teatro, revistas de prensa, foros políticos e cociña baixo as ordes estrictas do vello Loureiro. Era una vida marabillosa mentras o que pasaba fora era de espanto” 

Jose Torregrosa( preso no ano 1972)

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

Frío no cárcere

carcerecoruña Mada Carballeira (17)

No cárcere facía moito frío e humidade, era unha cárcere moi antiga. Alguén regaloume un xersei, alí coñecín a Pillado e ó vello Loureiro

Vicente Álvarez Areces, preso no ano 1968 pola súa actividade política no PC sendo estudiante en Compostela e no 1972 despois das movilizacións obreiras en Ferrol.

de: BLANCO CARBALLO, Antonio: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.
foto Mada Carballeira

Xente que había no cárcere

No ano 1973 Leonardo Dopico foi detido pola Brigada Político Social en Ferrol e ingresou no cárcere da Coruña, alí reencontrouse con Bernado Bastida, o vello Loureiro, Rafa Pillado e Julio Aneiros. “estabamos en celas individuais pero como Julio Aneiros sufría mareos, secuelas do balazo no pulmón,  pedímoslle  ó director  que nos deixase meter outra cama para que non estivese só e accedeu. A inmensa maioría de presos eran do Partido Comunista(PC). Tamén había un do Movemento Comunista (MC) e dous estudiantes de Ferrol de Liga Comunista Revolucionaria (LCR). A monotonía do cárcere paliábase coas informacións que Rafael Pillado conseguía a través dunha pequena radio, escoitando a Radio Pirenaica. O avogado laboralista Rafael Bárez tamén os informaba dos acontecementos cando ía visitarlles, e en ocasións, os avogados pasaban documentos nunha carteira de doble fondo”.

Leonardo Dopico Vázquez. Responsable político do PC en ASTANO, preso no 73 na Coruña.

BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..