Poema de Fernán Vello adicado a Francisco Miguel, pintor, ilustrador, colaborador de numerosas publicacións e conectado coas vangardas europeas e americanas.
Francisco Miguel residíu sete anos en México e volta no ano 1935, instalalouse coa súa muller Syra Alonso e fillos en Liáns (Oleiros). Foi Ilustrador de poemas de Jorge Luis Borges e de Gabriela Mistral, amigo persoal de Picasso en París e de Alejo Carpentier, León Felipe, Siqueiros e Diego Rivera na súa etapa americana. Francisco Miguel, compañeiro fraterno de Luis Huici, outro artista coruñés tamén asasinado polo seu compromiso coa democracia e coa liberdade, é unha referencia inescusábel para todos nós.
Enterrado «clandestinamente» en Bértoa (Carballo) despois de ser «paseado», a brutalidade con que asesiñaron a Francisco Miguel foi sempre unha mostra do horror da represión franquista.