Luis Costa García nace en Vilagarcía no 1915, o 26 de febrero. Cenetista, escritor, bibliotecario e historiador. Tras o golpe de Estado de 1936 usou o nome falso de Juan García Durán, de Comillas, Santander.
Nace nunha familia de clase obreira. Trasládanse de Vilagarcía a Vilaxoán. Comezou coma carpinteiro e finou sendo Doutor en Historia pola Sorbona de ParÍs. “Os Costa tiñan ansia de liberdade na alma, e moita mar nos ollos azuis.” O seu pai, Cándido Costa Saborido, simpatizante da ideas republicanas, foi perseguido no golpe do 36.
Luís ingresa con 15 anos nas Xuventudes Libertarias, aos dezaseis anos era secretario da organización en Vilagarcía. Con dezaoito presidente do Sindicato de Carpinteiros. Con vinteún, no 36, acode como delegado ó Congreso da CNT en Zaragoza.
Mata a un home accidentalmente nunha trifulca no seu posto de traballo no Porto de Vilagarcía. Fuxe a Coruña a refuxiarse con compañeiros libertarios.
En xullo do 36, canda o golpe, tenta fuxir nun barco a Asturias para unirse alí á loita pero é detido pola pola Garda Civil (episodio que abre a súas memorias antifranquistas).
Ingresa no cárcere de Coruña no 1936, condeado a morte, pero lle foi commutada a pena. Durante todo o proceso adopta o nome falso de Juan García Durán para non ser relacionado coa morte de Vilaxoán. Luís permaneceu preso sete anos, presenciando a diario como iban levando compañeiros ao fusilamento. Aproveitou para estudar, os seus mestres no cárcere foron Cesáreo e Camilo Saco, galeguistas de Monforte, foron eles quenes o iniciaron na gramática. Posteriormente escribiu “Gramática Española: porque la gramática es una ciencia”.
Nunha entrevista ó xornal barcelonés A Vanguardia contaba que na cárcere de A Coruña “no podía pasear por el patio porque todo el mundo estaba estudiando. Un fervor de aprender, de querer hacer, de transformar, y esto fue lo que a mí me ocurrió”. En 1943 foi trasladado a cárcere de Alcalá de Henares.
Logo sae en libertade vixiada e se une a loita antifranquista.
En 1943, é nomeado secretario da Confederacion Regional Galaica(CGR). Regresa a Galicia participando na reorganización da CGR. A policía detecta as actividades e Luis decide traballar nas minas de wolframio e estaño en Silleda.
1945 en Madrid substitúe a Manuel Fernández como secretario político do Comité Nacional da CNT e secretario no Consejo Nacional da Alianza(“Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas”, ANFD).
Coma secretario da alianza e do movemento libertario viaxa a Francia para reunirse con José Giral, Indalecio Prieto ou A Pasionaria, entre outros para propor o derrocamento de Franco agrupando as forzas do interior e as do exilio.
1946, é detido e ingresa en Alcalá de Henares. Coincide con Ramón Piñeiro e os hermano Saco, cos que segue estudando.
O 25 de outubro de 1947 ten lugar o consello de guerra pola Marcha de San Pedro e condénano a morte. Pero é indultado polas presións da embaixada inglesa, e o contexto histórico, o fin da Segunda Guerra Mundial e a derrota dos fascistas.
Cunha pena de 30 anos pasa ó penal de Ocaña, logo ó penal do Dueso en Santander. Baixo unha doencia falsa consegue que o trasladen o hospital-cárcere de Madrid, e finalmente fúgase de Yeserías en 1949.
Na CNT consideran que está quemado para a loita clandestina. En Bilbao o seu tío Ramón García conséguelle unha pasaxe para Francia.
En 1950 chega a París. En seis meses saca o diploma de carpinteiro para conseguila carta de traballo.
Viaxa a Australia e casa por segunda vez coa secretaria do consulado francés. Ten o segundo fillo. Nacionalízase co nome de John García.
Trasladan a súa muller a Detroit onde viven seis anos. Alí traballa como profesor de francés. A parella trasladase a Montevideo onde Luis publica unha bibliografía sobre a Guerra Civil Española e no 1966 acada o título de Bibliotecario aos 51 anos.
Vivíu trece anos en Houston (Estados Unidos) como asesor da Library of Congress, unha das mellores bibliotecas do mundo.
O 28 de novembro de 1975 Luis Costa defende a súa tese de doutoramento en París.
Durante toda a súa vida fixo labores de propaganda da República.
Tiña sesenta anos. O seu labor de historiador deu moitos froitos. Con vontade reuniu miles de fichas que se plasmaron, tras dez anos de traballo, no libro “La Guerra Civil Española. Fuentes(Archivos, Bibliografía y Filmografía)” de gran utilidade para o investigador pola gran cantidade de información que proporcionou.
Publicou tamén o seu libro de Memorias . Pola libertade, a loita antifanquista de Luis Costa
Coa morte de Franco regresa a vivir a costa do Mediterráneo para establecer relacións académicas coas Universidades de Barcelona e Alacant. Finou na capital levantina o 12 de decembro de 1986.
5 thoughts on “Luís Costa García, unha vida chea de atrancos pero un doutoramento en París”