¿Ésto se cae!

Fina Varela, Sari Alabau, Fina Piñón, Encarna Puentes, Maruja Fernández, Manola López, Fina Freijomil, Ánxela Loureiro e outras moitas, son representadas no video documental  ¡Esto se cae!, de Ángel García y Marta Corral: berro de guerra para o desexado fin da dictadura e homenaxe ás mulleres do 72.

Casi todas elas vinculadas ós astaleiros de Ferrol . Os locais sociais de Santa Mariña tamén serviron de semente para a conciencia política. O 9 de marzo de 1972 , cando Bazán despediu a sete traballadores que lideraban a loita polo convenio colectivo (con Pillado, Amor e Riobóo á fronte), as mulleres uníronse ás manifestacións. Porque a represión do 10 de marzo de 1972 fora brutal, con dúas mortes por parte da policía franquista na manifestación dos estaleiros, 40 feridas de bala, decenas de detidos, o xuízo de 23 con anos de prisiónm as mulleres pediron axuda en clínicas para os feridos, pecharon tendas e agocharon ós perseguidos. Tres deles, militantes do PCE, acabarían no cárcere: Sari Alabau, Fina Varela e Mela La Carbonera. Catro irían ao exilio en Francia. No video lembran eses feitos.





Manuela Balbina Válcárcel Luaces, “Mela la Carbonera”

“Manuela Balbina Válcárcel Luaces, Mela la Carbonera, a única nena de seis irmáns, era traballadora dende os 11 anos. Filla dun histórico anarquista portuario, a morte do seu pai marcouna indeleble. O rastro acráta da súa educación sempre se amosou. En maio de 2001 apareceu nestas páxinas un informe sobre as traballadoras do carbón, as que cargaban os barcos en longas colas, con bolsas de 30 quilogramos de carbón na cabeza. “Traballei coma un home”, comentou, coa dignidade de quen se gaña a vida coas mans. Mesturou a conversa con versos populares. Este foi un: “Aínda que pobre / non baixo a ningunha fonte a beber / quero claro e ordinario / se non morro de sede”.

A súa celebridade ven do 10 de marzo de 1972 cando, subida a un camión na praza de España de Ferrol , xa cos mortos en As Pías, arengou ás masas para seguir adiante. Despois dirixiu a liña de piquetes que pechaba os mercados da cidade. Naceu o mito. “Que ía facer se dispararan contra os traballadores?”

O seu compañeiro, Rogelio, era traballador de Bazán e foi condeado no Proceso do 23, do famoso Tribunal de Orden Público (TOP).

Á idade de 52 anos ingresou en prisión, ali compartíu condea con Fina Varela e Sari Alabau– No cárcere rematou de aprender a ler axudada por outros presos políticos. A súa loita estivo ligada ao nacemento de CC.OO. e a un anarco-comunismo ideolóxico herdado de pai e nai.

Rematou a súa vida activa como peixeira no mercado das Casas Baratas. A morte dun fillo puxo unha triste expresión naquel rostro feliz cos seus ollos agudos e intelixentes. Mela nunca máis foi a mesma. Finou non ano 2013.”

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2003/01/20/adios-mela-carbonera/0003_1437289.htm

Homenaxe a Celsa Díaz Cabanela

Texto lido por Chuky Trillo na investidura  de Celsa Díaz Cabanela como Republicana de Honra no ano 2019

Cuando se cuenta, se usurpa la memoria de los otros…
Mi memoria o mi nostalgia me han hecho tejer hilos.
Pero no forjar cadenas.
                SIMONE SIGNORET, La nostalgia no es lo que era

“Boa tarde, en primeiro lugar quero agradecer á Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña que pensase en min para presentar a Celsa nesta merecida homenaxe como Republicana de honra.

Boa tarde, Celsa, hoxe tócame falar de ti, o que me produce un pracer enorme.

Amigas e amigos: Celsa pertence a unha xeración que desde unha idade moi temperá asumiu un compromiso, un compromiso coa xustiza, coa liberdade, coa solidariedade e cos Dereitos Humanos. Coñecémonos na entrada do instituto feminino, corría o curso 71-72, eu era  delegada da miña clase e alí apareceron Celsa e Conchi. Conchi ( González) non estudaba (era a filla de Xoaquin “ O Panadeiro” veterano militante comunista), Celsa estudaba en Monelos, a partir  daquel momento o noso compromiso non daría marcha atrás.

A ditadura fascista seguía en pé, a sombría presenza da ultradereita e da policía político social provocaba que calquera modelo de organización tiña que moverse entre as sombras da clandestinidade. Os partidos políticos e as asociacións estaban prohibidos e calquera manifestación popular nas rúas provocaba deseguido a presenza das forzas armadas e en consecuencia  as cargas e detencións policiais.

Seguir lendo

Rafael Bárez, avogacía e compromiso.

rafa-barez-foto-de-xoan-pinonAvogado laboralista de CCOO en Ferrol

Militante no PC na clandestinidade e na democracia. Concelleiro de Urbanismo polo PC de Galicia nas primeiras eleccións democráticas.

Detido en numerosas ocasións durante a súa vida de estudante en Santiago.

Detido a raíz dos sucesos de marzo de 1972 en Ferrol e e encarceado na prisión coruñesa durante nove meses .

“…Quisiera darte, niño

un futuro sin rejas, sin cadenas,

sin puertas, sin cerrojos,

sin muros y sin verjas…”

(Poemas del 10 de Marzo)

Rafael Bárez naceu no ano 1945 en Sigrás (A Coruña), nunha España que acababa de saír da guerra civil, aillada internacionalmente, que intentaba recuperarse económicamente cun réxime autárquico e cun goberno basado no “orden, unidade e aguantar”

Os seus estudos de bacharelato realizaríaos en Lugo onde tivo como profesor a Xesús Alonso Montero que pronto descubriría nel a súa vena política e intelectual.

En Compostela, onde cursaría estudos de Dereito, comezará pronto a tomar contacto co mundo cultural da cidade, a través dos cine-clubes, das tertulias literarias, das representacións teatrais, da nova canción galega…

Serán anos decisivos na organización da resistencia estudantil ao réxime franquista. O curso académico 1966/67 será considerado como o espertar da Universidade Galega e no marzo do 68 a Universidade Compostelana protagonizará o encerro de tres días de máis de mil estudantes na sede central da Universidade de Santiago. Tempo de asambleas multitudinarias, protestas, folgas ilimitadas e novos encerros, algúns xa en solidariedade coa loita obreira, como o que se faría na Catedral de Santiago en 1970 e no que participa activamente Rafael Bárez, xa integrado no Sindicato de Estudantes como representante da Facultade de Dereito.

Antes de acabar a carreira de dereito Rafael Bárez xa formará parte do Partido Comunista (PC) da man de Vicente Álvarez Areces , militancia política que non lle sairía gratis naqueles tempos: sancións académicas, económicas, desterros…

img_20151104_151936Rematados os seus estudos universitarios comezará outra carreira profesional non menos apaixonante. De cheo mergúllase no Ferrol máis combativo do movemento obreiro no ano 1970. Asume o cargo de responsable do Comité Local do Partido Comunista de Galicia ( PCG ) e empeza a traballar como avogado laboralista pese a non gustarlle especialmente esa rama do dereito.

A conflitividade sociolaboral daqueles anos desembocaría nos tráxicos sucesos do 10 de marzo de 1972. A implicación de Bárez neses anos co movemento obreiro foi máxima e sería a causa da súa detención xunto aos principais dirixentes do PC e das CC.OO. da provincia de A Coruña.

Despois de tres días sufrindo interrogatorios -obrigado a permanecer de pe, sen descansar nin un só minuto durante máis de cincuenta horas ata caer desfalecido- ingresa na prisión provincial de A Coruña durante nove meses. Neste tempo no cárcere comparte espazo con moitos dos seus vellos camaradas de loita.

A “comuna” montada entre os presos políticos fará máis levadeiro ese tempo de incertidume sobre o seu futuro, nela que  estaban Loureiro Lugrís, Bohome, Pillado ou Álvarez Areces.  O xadrez, a poesía -escribiu “Versos de la  cárcel”-, a pintura -autorizáronlle a ter un pequeno trípode na cela- ou o teatro,  ocuparían boa parte dese tempo de reclusión.

Seguir lendo