Jordi Tell e os compañeiros no seu paso polo cárcere da Coruña

Sabiamos da obra de Jordi Tell polos estudios de Xosé Lois Martínez , pero foi a  través de Arturo Taracido Veira que coñecimos á persoa que había detrás da súa importante obra.

A investigación histórica apórtanos esa enorme emoción cando imos debrullando o fío para chegar ás persoas e ás súas vidas.

Foi  Arturo Taracido Fraga ,  fillo do tenente alcade republicano da cidade da Coruña Arturo Taracido Veira ,  quen nos contou a estadía do seu pai no cárcere, as fatigas e sufrimentos que soportou a familia e as dificultades posteriores. Tamén nos falou da solidariedade e das amistades que fixeron no penal.

Durante ese ano 36 e seguintes era o cárcere un lugar lóbrego e triste pero  onde decenas de persoas acudían para colaborar, para axudar coa comida para dar apoio…Gran cantidade de persoas da Coruña estaban presas e alí una gran número delas eran sometidas a consellos sumarísimos ou a cobardes “paseos”.

E soubemos da chegada   – en abril do 37-   dun grupo de catalanes, que viñan de Alemania, e foran  enviados pola GESTAPO a Franco,  e foron presos na Coruña.

Eran Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón.

Seguir lendo

Els catalans de la cel·la 17

Moi interesante e documentado artigo publicado pola investiadora  Gemma Domènech Casadevall na revista SÀPIENS núm. 182 de xunio de  2017 sobre o grupo de cataláns no cárcere de A Coruña no ano 1937.  A través da correspondencia e os diarios pódese artellar unha interesante visión da vida cotiá na prisión de A Coruña.

Així era la vida en una presó de Franco durant la Guerra Civil.

Resseguim, amb fotos i dietaris inèdits, com era el dia a dia al penal de la Corunya de quatre catalans (Miquel Albareda, Ricard Boadella, Jaume Gascon i Jordi Tell) que el destí va unir en una mateixa lluita, l’antifranquista, i una mateixa cel·la, la 17. Por Gemma Domènech Casadevall

 

http://www.sapiens.cat/ca/notices/2017/05/300-anys-de-nova-planta-totes-les-claus-del-decret-amb-que-feli-v-va-voler-sotmetre-catalunya-7428.php

 

“Non eramos alemáns”

IMG_20160220_120955 si.jpg

Un grupo de cataláns chegan dese Alemania deportados pola GESTAPO: Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón. Era Abril do 37.

«Tocaban diana ás sete e levantabámonos realmente cara ás oito, e logo de beber un “tipo de café” saíamos ao patio, onde o primeiro dia xa sabían da nosa chegada e bautizáronnos os seis alemáns. Non fai falta dicir que nun patio onde todo o mundo odiaba o país de onde procediamos, porque facía a guerra xunto a Franco, fixéronos o baleiro, ata que un día Carlos Ponche Patiño achegóusenos máis que os outros e ó ver que non mordiamos rompeuse o xeo, e de súpeto todo o mundo xa nos era máis amigo».

GASCON RODÀ, Jaume. Memories d’un periodista català. Olot. Institut de Cultura  de la Ciutat d’Olot, 2006

Luz ás sombras da Coruña

Artigo de Alba Porral en LA OPINION

O blog ‘A Memoria do Cárcere’ recupera a historia de Arturo Taracido, concelleiro coruñés entre o 31 e o 34, coa testemuña do seu fillo

“O paso pola prisión provincial do concelleiro, tenente alcalde e deputado Arturo Taracido é unha das últimas publicacións que recolle o blog ‘A Memoria do Cárcere’, impulsado por Carmen García-Rodeja, colaboradora da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. A historiadora recupera feitos e lembranzas dos presos políticos e os seus familiares coa intención de rehabilitar e dar dignidade ás vidas dos represaliados pola ditadura.

O cárcere provincial garda unha memoria agochada que, con iniciativas individuais e colectivas, vai dando pequenos pasos para completar e dar luz ás sombras da historia da Coruña. É o caso do blog A Memoria do Cárcere, onde a historiadora Carmen García-Rodeja, colaboradora da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, conta as historias dos presos políticos que pasaron tempo entre paredes represoras a través de testemuños, debuxos, fotografías, vídeos e poemas que conforman unha sorte de grito para desafiar ao silencio. Unha das últimas publicacións lembra a Arturo Taracido, concelleiro da Coruña entre o 31 e o 34, despois tenente alcalde e vicepresidente da Deputación Provincial no 36. Foi a primeira persoa que entrou por oposición no Concello. Tamén foi membro das Irmandades da Fala, presidente do Casino Republicano e colaborador de A Nosa Terra.Seguir lendo

A memoria do cárcere da Coruña, un fío de historias de represión e resistencia

Artigo de Marcos Pérez Pena en PLAZA.GAL sobre o blog Memorias do cárcere

“O outro día estaba cunha familia, que coñezo dende hai tempo. A muller é filla dun avogado moi coñecido que estivo preso na prisión da Coruña. Contaba, diante dos seus fillos, que ‘era terrible ir á comisaría, aquela música era terrible’. ‘Que música, mamá?’. ‘Aquela música que poñían na comisaría, poñían música clásica moi alta para que non se escoitasen os berros das persoas ás que estaban torturando’. E foi aí cando unha das súas fillas tivo unha revelación: “Entón era por iso que nunca nos deixaches escoitar música clásica na casa?”.

Carmen García-Rodeja coordina o blog Memoria do Cárcere, un proxecto impulsado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica  que dende hai uns meses, semana a semana, vai relatando as experiencias persoais dos centos de presos políticos que pasaron pola prisión provincial, co obxectivo de “dar voz aos que alí sufriron, lembralos, nomealos, contar a súa historia entendemos que é un deber cidadán”.

“A través da historia dun preso, vas tirando dun fío e saen moitísimas historias. Foi moitísima a xente que pasou por esta prisión. Veciños, amigos, cando vas preguntando vas sabendo cousas. Para moitas persoas supuxo un antes e un despois, e tamén para as súas familias. E despois está a gran cantidade de persoas que mataron alí, no Campo da Rata, ou na propia prisión, a garrote vil, ademais daqueles que subían nun coche e desaparecían para sempre”, destaca Carmen García-Rodeja, que expresa a súa confianza en que os contidos destes espazo virtual, formado xa por ducias de historias persoais, acompañadas de documentos inéditos, poidan conformar nalgún momento unha exposición física, no propio recinto da prisión, aínda propiedade do Ministerio do Interior.

A información completa en: http://praza.gal/cultura/11718/a-memoria-do-carcere-da-coruna-un-fio-de-historias-de-represion-e-resistencia/

charla “Arquitectura no cárcere”

charla arquitectura no carcere invitación

O martes 26 de Abril presentouse na casa museo Casares Quiroga en A Coruña   a conferencia titulada “Arquitectura no cárcere”, organizada pola ARMH ( Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) e  PC ( Proxecto  Cárcere) co a  colaboración da ETSA ( Escola técnica Superior de Arquitectura)

Presentou o acto : José Lado (Proxecto cárcere)

Participaron:

Xosé Lois Martínez, arquitecto ( ETSA):  República, arquitectura e cidade, un proxecto interrumpido

Carmen Garcia-Rodeja, profesora (ARMH): Jordi Tell e os compañeiros no seu paso polo cárcere da Coruña

Gemma Domènech, historiadora da arte ( ICRPC) : Jordi Tell arquitecto , a modernidade  na  Coruña, unha vida apaixoante.

A obra de Jordi Tell, a casa Cervigón,  supuxo un dos hitos na modernidade en Galicia e non seguramente ben valorada. Autores como él mesmo ou José Caridad Mateo, foron uns exemplos desa arquitectura e dese concepto de nova aruitecrua  que foi  esmagada pola dictadura.

No cárcere da Coruña había todo tipo de presos entre eles un grupo de catalanes detidos pola GESTAPO en Berlín e e que chegaron en Abril de  1937 Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón.  Diferentes vidas e traxectorias son  testemuñas do sucedido no cárcere.

Seguir lendo

Novo retrato de Jordi Tell: Leandro Carré Alvarellos

uxio carre aldao retrato de Jordi Tell

Neste retrato, móstrasenos a Leandro Carré Alvarellos , fillo de Uxío Carré Aldao e pai de Leandro Carré Brandariz.  Da Coruña, foi escritor, traballou na librería do seu pai  e despois foi redactor de varias revistas na: Vida Gallega e Tierra gallega .Dirixíu os grupos de teatro dos coros Cántigas da Terra e Saudades e a  Escola Dramática Galega,  fundou a Editoria Lar e foi membro da Real Academia Galega.

Na adicatoria fala da indignación. Non sabemos porqué será.

Na cadea calquera razón podía ser.

(retrato cedido polo seu neto João Carré dos Reis)

 

 

O faro iluminando a noite dos presos

En abril do 1937 chegou un grupo de cataláns ó carcere da Coruña. Eran: Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón.Un deles, Jaume Gascón describe nas súas memorias o arrepio das  luces do faro á noite.

torrehercules1

«El far no el vèiem, però el sabíem prop en tota la seva bellesa i virtut, perquè els seus raigs travessaven les tenebres com un cometa intermitent, tant en les nits calmes com en les de tempesta.

Quan al vespre un guardià malhumorat que ens havia sentit cantar ens apagava el llum de la cel·la, miràvem cap a la finestra, i aquells raigs els vèiem de sobte brillant pel cel com emergint del mar infinit, i llavors ja ens sentíem ben acompanyats, perquè, enmig de la barbàrie llavors present d’aqueIla colla de brètols, aquelles llampades eren com les ullades d’un monstre, sí, però d’un monstre amic que ens orientava millor que l’estrella polar que ni podíem saber on raïa.

Si encara ja mig adormits dirigíem els ulls cap al cel, i el vèiem tot fosc, ens sentíem un moment terriblement com nens sols, perduts i cecs en la vall obscura de la vida que era la nostra cel·la.

Però ben aviat ens tornava a la vida aquell feix de tentacles lluminosos que ens amanyagava com un miracle, un miracle que sempre més ha format part dels meus records de la cella 17» 

Seguir lendo

Unha sardana na prisión

Jaume Gascón era un preso catalán que fora enviado pola GESTAPO a España xunto con Jordi Tell,  Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón. Despois de ser embarcados en Bremen, arriban ó porto da Coruña e foron encarcelados no cárcere  en Abril de 1937.

Lembra o primeiro nadal e a misa do galo na prisión da Coruña e a emoción de oir no órgano a entrañable peza musical.

«Ara això és aviat dit, ara que arreu podem sentir i ballar “la Santa Espina”, però imagineu-vos l’efecte que ens havia de fer a nosaltres, catalans, aquest himne tan nostre, en plena guerra Incivil, en territori franquista, en una presó d’on només se’n sortia per anar a l’altre món, i tenint en compte que aquella mala gent havia fet la seva guerra, com tothom sap, contra Catalunya i el seu nylcris d’ Estatut. Sort que ni els escarcellers ni el capellà no coneixien aquella música, car altrament haurien fet sanfaina de l ‘ Enrique i de l’harmonium i tot”

” Imaxinadevos o efecto que nos tiña que facer a nós, cataláns, este himno tan noso, en plena guerra incivil, en territorio franquista, nunha prisión de onde tan so se saía para ir ó outro mundo, e tendo en conta que aquela mala xente fixera a súa guerra, como todo o mundo sabe, contra Catalunya e o seu raquitíco Estatuto. Sorte que nin os carceleiros nin o cura coñecían aquela música, pois senon farían sanfaina de Enrique e do harmonium e de todos”.
GASCÓN RODÀ, Jaume. Memories d’un periodista català. Olot. Institut d’Cultura de la Ciutat d’Olot, 2006