
Naceu na Coruña en 1935, no barrio de San Pedro de Visma, dende os 10 anos a vida marchou vivir ó Ferrol onde traballou dende os 14 anos como escaiolista.
Foi un loitador antifranquista dende os ámbitos sindical e político. Foi detido nove veces e sufriu toda a dureza da represión franquista. Estivo preso no carcere da Coruña 5 veces e a raíz dos sucesos de Ferrol de 1972 foi torturado salvaxemente pola policía “ata as portas da morte”.
“….a súa sensibilidade ante a inxustiza e os duros acontecementos da súa infancia o marcaron, acubillado sempre a carón das xentes máis humildes e solidarias, que formaban una esquerda aínda desestruturada, morna e clandestina. Todos estes feitos condicionaron a súa vida, en loita permanente pola igualdade social e a liberdade”. como se relata no libro “Biografías obreiras de Ferrol”
Viviu catro anos na emigración en Francia, tempo no que completou a sua formación política e no que se reafirmou na sua conciencia que era posible vivir nun sistema menos cruel e inxusto. Lembraba que “….era tal o cambio, que era un paraíso”. Porque alí descubríu o que era vivir en liberdade, en democracia e no respeto a o traballador. “Repartía o tempo entre o traballo diario, moitas lecturas, cine da resistencia e festas de churros e garavanzos. Eran tempos felices….ata que a os catro anos deu en pensar en regresar a España para facer país, e loitar polos dereitos dos compatriotas que non tiñan nin coñecían a liberdade da que el estaba a gozar”.
En 1967 volta a Ferrol, e opera na clandestinidade contra o franquismo, utilizando o pseudónimo de “Manuel”. Encargase da multicopista da que salía “Mundo Obrero”, e repartía octavillas. Pero a policía xa o tiña fichado, e en 1969 e detido por primeira vez, nada menos que por saltarse un stop na rúa Sol (conducía o seu coche Rafael Pillado, a quen llo prestara) e non pagar a multa de medio millón de pesetas imposta.A consecuencia foron cinco meses no carcere da Coruña. Di que logo de esa primeira estancia no carcere “…ya te detiñan por cualquera cousa…”.
En 1970, durante o estado de excepción do Proceso de Burgos foi apreixado de novo e acaba outros dous meses no cárcere da Coruña.
Pero o mais duro aínda viría a raíz dos sucesos do 10 de marzo de 1972 de Ferrol, cando foi cruelmente torturado pola policía franquista durante tres días na comisaría de Ferrol.
Ao sair do carcere tiña que pasar todos os días a firmar a comisaría, temendo sempre que o volvesen a encerrar e torturar.
Ainda o detiveron varias veces en 1973, tantas que dixo que cando a policía o viña a buscar a casa “..iba a por un abrigo y unas zapatillas cómodas porque ya sabía lo que me esperaba”.
Cando mataron a Carrero Blanco en decembro do 1973 o tiñan na comisaría e conta que un dos policías lle dixo: “…casi te matan el año pasado y no sabemos qué hacer contigo”. E continúa “… Dixeromem que que pensaban en atarme un adoquín ó pescozo e tirarme á ría ou fusilarme. Paseino moi mal. Sen saber si che van vir buscar ou se te matan”.
Ainda non sería a ultima vez, pois foi detido ata nove veces:
“….Pasou por dous xuizos por cuestión políticas. En ambos casos foi posto en liberdade polo xuíz. Era detido durante o estado de excepción e castigado cunha multa gobernativa de medio millón de pesetas que ninguén podía aboar, polo que pasaba as condenas no cárcere”.
Co fin da dictadura Fernando Miramontes continuou loitando dende Esquerda Unida na política municipal de Ferrol, convertindose no primeiro tenente de alcalde da primera corporación democrática.
Finou en xaneiro de 2021
https://www.publico.es/politica/fernando-miramontes-escayolista-del-dia.html
BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol I). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011 (Pg.135-150)
BLANCO CARBALLO, Antonio: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011 (pag.113-124)
One thought on “Fernando Miramontes: Unha vida de militancia sindical e política”