Fernando Miramontes: unha ollada de gavilán

O documental de Carlos A. Quirós, céntrase  na figura de Fernando Miramontes xa na etapa democrática, cando na coalición PCG-PSOE accede a política municipal ferrolá. Recolle un amplo abano de testemuñas, tanto traballadores do concello, coma camaradas da loita política e familiares, que recordan vivencias nas que destacan aspectos da súa personalidade e o seu traballo político.

Tamén o protagonista relata a súa chegada ó goberno municipal de Ferrol e os importantes avances e inversions para a cidade.

Pero sobre todo se destaca ó “gavilán” coma un home honesto, traballador, xusto, honrado e responsable nos seus que faceres; apreciado tamen por persoas con ideas distintas e a o que sempre o ciudadano tiña acceso total, pois  “o pobo viña a falar co alcalde sen portas”-

Non faltan os testemuños da súas “mulleres”, a compañeira de vida -Fina Piñón, as súas fillas, compañeiras de loita , como Sari Alabau  e Fina Varela, ou mais novas, como Yolanda Díaz, quen destaca que “falar de Fernando e falar de dignidade”.

O protagonista tamen relata algunos sucesos da etapa franquista –chega a dicir que xa non recorda as veces que o detuviron-, pero rememora as torturas que sufriu tras os sucesos de marzo 1972…”aquelo foi terrible, eu creía que me mataban…”.

Remata o documental coas súas palabras: “Eu sigo sendo o de sempre. Se volvera a nacer volvería a ser comunista, porque creo que e a forma que vexo eu mais idónea para a xente sencilla, a xente humilde, xente de conciencia (que ten que haber de todo)….segue sendo o reparto da tortilla entre todos, e non que non a repartan e a coman unos poucos…..E como deses segue habendo, e segue habendo inxustizas por todas partes…un partido de esquerdas e o mellor que pode facer calquer ciudadano traballador que obre en conciencia, e por eso digo que volvería a repetir todo o que fixen”.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s