Manuel Luís Bello Parga “Manolito Bello”

MANOLITO BELLO FOTOUnha vida truncada os 21 anos

Manuel Luís Bello Parga, mais coñecido como Manolito Bello, nace o 13 de xaneiro de 1925 na Coruña, na rúa Monelos. Dende moi novo é testemuña da represión brutal que exerce o fascismo na súa cidade e da que é vítima tamén a súa propia familia. Pertence a unha xeración de xente nova que, a pesar de non ser protagonista da guerra, non se adapta e dobrega á nova situación que representa a ditadura.

Entra a formar parte das JSU (as xuventudes do PCE) que se están reorganizando na Coruña, iniciándose a súa militancia na clandestinidade. É detido por primeira vez no 1945 e condenado por un delito de rebelión militar pola elaboración de panfletos políticos. A principios do ano 1946, estando en liberdade provisional, ingresa na guerrilla do alto, formando parte da IV Agrupación do Exercito Guerrilleiro de Galicia.

A finais de maio do 46 a guerrilla decide realizar un acto de sabotaxe na Coruña consistente na colocación dun artefacto explosivo no edificio da Falanxe. Manolito formará parte do destacamento encargado da misión, pero a acción queda abortada por atoparse dentro do edificio o conserxe. No momento da retirada son interceptados pola Garda Civil, na rúa Rubine. Iníciase entón un tiroteo no que morre, alcanzado polos disparos da Garda Civil, Arcadio Vilela, membro dos Caballeros da Coruña (organización dedicada durante a guerra a realizar asasinatos extraxudiciais, os tristemente chamados paseos). Manolito é apresado e acusado da morte de Vilela. Isto causa unha gran conmoción na cidade e o réxime actúa cunha gran dureza intentando utilizar a detención e a posterior execución dunha maneira propagandística como escarmento á guerrilla. Manolito Bello está condenado polo réxime desde o mesmo momento da súa detención e a súa causa convertese nunha pantomima que pretende dar aparencia de legalidade á inxustiza.

O 11 de Xullo de 1946 é asasinado a garrote vil na cárcere da Coruña despois de ser vítima de maltrato e torturas. Tiña 21 anos. A súa figura convértese en unha referencia para a resistencia antifranquista e no seu honor un batallón do exercito da guerrilla levará o seu nome.

Beatriz Parga Massa

One thought on “Manuel Luís Bello Parga “Manolito Bello”

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s