Vida na prisión

Daniel Romero conta da vida na prisión cando ingresou por ser enlace da guerrilla.

“Estabamos todos nunha(cella).., pero surxíu o o tema de que había clases, quen queria aprender algo tiña a oportunidade de sair do medio de toda aquela xente e dedicarte a outra cousa, eu tiven a oportunidade e fixen un curso de contabilidade. E cando o rematei ofreceronme o posto
de contable do economato. Ali tiven a oportunidade de andar semi libre pola cárcere.

No economato había un cociñeiro, dous mais e eu, eramos catro. Facíanse comidas e comíase, non ali, pero se servian no mostrador e levabanas ao patio. Polas tarde facian café e eu tiña, con bastante frecuencia a oportunidade de levarle o café a “Julián”( Antonio Seoane) e Gayoso a celda número 10, que é a segunda entrando pola dereita. E como nos coñociamos xa, polas tardes, eles estaban aillados e cerrados.
Polas tarde saian ao patio os tres sos. “Julián”( Antonio Seoane), Gayoso e Bertrina. E eu na planta de abaixo que hai un trastero, ou algo polo estilo, que daba o patio, e a través da ventá eu subíame arriba e eles se poñíanse abaixo e charlaba con eles.”

Entrevista realizada en 2013

Deixar un comentario