Arturo Taracido Veira

Arturo Taracido Veira : A dignidade

JORGE GUILLERMO TELL debuxo Arturo Taracido na cadea   (anos 30) MdL

Importante personaxe du mundo republicano coruñés, participante en casi todos os eventos culturais e políticos do seu momento. Impulsor da ORGA, firmante do pacto de Lestrove, membro da Irmandade da Fala, masón, presidente do Casino republicano, concelleiro, e teniente alcalde. Salvou a vida pero paso anos en presidio e confinamentos. “Nunca falou cosas tristes á familia”.

Naceu nunha familia moi humilde, sempre tivo interés pola cultura e asistía aun colexio ” de cegos e e nenos probes”no que pagaba unha peseta. Ós doce anos empezou  traballar  de mandadeiro no almacén Le beau Marchais na rúa Real e á vez aestudiaba polas noites. O traballo era moi  duro: traballábase dez horas diarias sen descanso dominical. A pesar de todo conseguíu estudar Comercio polas noites onde con  vintasete anos pasou a ser profesor na Escola.

Tamén gañou a oposición a funcionario municipal  pero decidíu deixalo e  marchar á rúa  Senra a traballar de contable nunha fábrica de zapatos.

No ano 1925 con trinta e oito anos entra a traballar en Laboratorios Orzán onde acaba sendo xerente e socio.

Foi un destacada figura republicana . Participou activamente na vida cultural realizando numerosos artigos e colaborando en publicacións como A Nosa Terra. Foi fundador da Irmandade da Fala, presidente do Casino republicano (1936), impulsor da ORGA e do FRG e un dos participantes no Pacto de Lestrove. No ano 1935 intégrase en UR.

Foi concelleiro na Coruña en 1931-34, vicepresidente da Deputación e tenente alcalde en 1936.

Co golpe de Estado entra no cárcere onde comparte presidio con Suárez Ferrín e Martín Martínez

Tiña  50 anos. Estaba casado con Matilde Fraga e tiña tres fillos.

taracido foto con muller

Foi liberado en Outono pero seguíu a persecución. No domicilio de Juan Florez, apareceron ó pouco tempo “los Caballeros de La Coruña”  buscalo. O seu fillo  Arturo lémbrao ben: “llegaron de madrugada  con fusiles amenazando a mi madre y a nosotros que teniamos quince, trece y siete años. Mi padre estaba escondido en casa de un amigo porque Manuel Sáez – de Torres y Sáez-  lo solía avisar cuando sabía que peligraba”

Decide fuxir  e marcha un tempo a Vigo onde o aloxa un representante do laboratorio e despois a Lugo as casa do seu cuñado, alí, en Lugo foi apresado de novo e levado ó cárcere da Coruña onde estivo desde desde o 5 de octubro de 1.937 ata o  13 de novemmbro de 1.938

Na Coruña compartíu presidio con Nicolás Miguez Miguez e Pelayo Ruíz, con Quintás Goyanes, Benigno  Araujo,  Domingo Quiroga  e Jordi Tell que viñera cun grupo de catalanes que foran deportados pola GESTAPO “ Boadella que era violoncelista, Gascon, Petitet, y  uno de derechas que estaba en Alemania esquiando: Alvareda”  -segundo conta o seu fillo-. e xunto con  Quintás Goyanes que os recorda nun poema.

Recorda que no cárcere todos axudaban a todos e tamén se daban clases. A solidaridade se mostraba tamén compartíndo a comida que todos os días lle levaba a asistenta María.

Tamén recordou moitas historias tristes dalí dentro.

Durante ese tempo a familia tivo que cambiarse de domicilio pois eran aterrorizados por algunha veciña que os amenazaba con paseos e penas de morte.

taracido grupo coa mullerPouco despois foi xuzgado en  Madrid en octubro do ano 1941 polo Tribunal para la Represión de a Masonería y el Comunismo e  preso unhs meses no cárcere de e condeado a confinamento. Foi desterrado a Fuerteventura,  León e Lugo e regresa a Coruña no ano 1946 onde periódicamente tivo que presentarse na comisaría.  Afortunadamente os Laboratorios Orzán do que era socio mantivolle o soldo todo o tempo de prisión no que  volveu traballar ata que tivo más de oitenta anos.

Arturo Taracido Veira tivo unha  longa vida. Nunca falou dos seu anos de presidio pero sempre reivindicou o laicismo, os valores positivos do ser humano e o rexeitamento da violencia.”La violencia no conduce a nada, sólo estar en un régimen inaguantable”.

 

entrevista realizada ó fillo de Arturo Taracido en xaneiro de 2015 ( Carmen G-Rodeja)

 

1 thoughts on “Arturo Taracido Veira

Deixar un comentario