Republicanos coruñeses ano 1932

taracido e outros ano 1932

Loitaban polo Federalismo, Laicismo, Igualdade de oportunidades e a Cultura. O ano 1936 fracturou todas estas arelas. Casi todos foron represaliados.

Nicolás Miguez Miguez, Nicolás Vidal Ojén, Juan Wonenburger Varela, Arturo Taracido Veira, Eugenio Salgado Caamaño, García Gabella, Periodista del Noroeste “Atalaya”, Alfredo Somoza, César, Alvaro Cebreiro, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro, Enrique Dopazo, Federico Zamora, Lino Molina Platas, Cesáreo Fernández Juega, Demetrio Díaz Varela.

(fotografía  familia Taracido)

 

 

Advertisements

Arturo Taracido Veira

Arturo Taracido Veira : A dignidade

JORGE GUILLERMO TELL debuxo Arturo Taracido na cadea   (anos 30) MdL

Importante personaxe du mundo republicano coruñés, participante en casi todos os eventos culturais e políticos do seu momento. Impulsor da ORGA, firmante do pacto de Lestrove, membro da Irmandade da Fala, masón, presidente do Casino republicano, concelleiro, e teniente alcalde. Salvou a vida pero paso anos en presidio e confinamentos. “Nunca falou cosas tristes á familia”.

Naceu nunha familia moi humilde, sempre tivo interés pola cultura e asistía aun colexio ” de cegos e e nenos probes”no que pagaba unha peseta. Ós doce anos empezou  traballar  de mandadeiro no almacén Le beau Marchais na rúa Real e á vez aestudiaba polas noites. O traballo era moi  duro: traballábase dez horas diarias sen descanso dominical. A pesar de todo conseguíu estudar Comercio polas noites onde con  vintasete anos pasou a ser profesor na Escola.

Tamén gañou a oposición a funcionario municipal  pero decidíu deixalo e  marchar á rúa  Senra a traballar de contable nunha fábrica de zapatos.

No ano 1925 con trinta e oito anos entra a traballar en Laboratorios Orzán onde acaba sendo xerente e socio.

Seguir lendo