Dous exemplos de textos escritos por Arturo Taracido Veira en A Nosa Terra, no ano 1924 cunha reflexión sobre a moral privada dos políticos e a importancia da cultura.
Importancia da cultura
“(…)Educar, instruir, dar a todo nacido os meios de cultivar o seu espíritu y –o seu intelecto é un deber primordial da sociedade. Cando os estados alcancen a realizalos cumplidamente, terán comenzado a reparación de secular inxusticia de manter aos desvalidos, ós non favoridos pol-a sort, nos oscuros abismos d’unha iñorancia indina e aterradora (…)”
Cultura, cultura para todos en A NOSA TERRA nº 199( abril 1924)
Exemplo de políticos
“(…) Para a vida pública non pode servir senón homes d’unha austeridade e unha virtude exemprar. Non se pode ademitir que nún mesmo individuo se dea para o privado, para o que a él personalmente se refira, unha ética elástica, según as súas necesidades fisiológicas ou os seus desvaríos psicológicos, e para a política outra ética estreita, axeitada a outra misión d’un diector de pobos, d’un gobernante. Por forza ten de eixitir, empre unha úneca raíz ética, quer se trate de feitos particulares de home público, quer da súa conducta política (…)”
A política e a moral privada en A NOSA TERRA nº 198 ( marzo 1924)
(Observamos que é un dos moitos artigos censurados nesta publicación)
One thought on “Cartas ao meu afillado”