Arturo Taracido Veira

Arturo Taracido Veira : A dignidade

JORGE GUILLERMO TELL debuxo Arturo Taracido na cadea   (anos 30) MdL

Importante personaxe du mundo republicano coruñés, participante en casi todos os eventos culturais e políticos do seu momento. Impulsor da ORGA, firmante do pacto de Lestrove, membro da Irmandade da Fala, masón, presidente do Casino republicano, concelleiro, e teniente alcalde. Salvou a vida pero paso anos en presidio e confinamentos. “Nunca falou cosas tristes á familia”.

Naceu nunha familia moi humilde, sempre tivo interés pola cultura e asistía aun colexio ” de cegos e e nenos probes”no que pagaba unha peseta. Ós doce anos empezou  traballar  de mandadeiro no almacén Le beau Marchais na rúa Real e á vez aestudiaba polas noites. O traballo era moi  duro: traballábase dez horas diarias sen descanso dominical. A pesar de todo conseguíu estudar Comercio polas noites onde con  vintasete anos pasou a ser profesor na Escola.

Tamén gañou a oposición a funcionario municipal  pero decidíu deixalo e  marchar á rúa  Senra a traballar de contable nunha fábrica de zapatos.

No ano 1925 con trinta e oito anos entra a traballar en Laboratorios Orzán onde acaba sendo xerente e socio.

Seguir lendo

Advertisements