Andrés García Ferreiro

img322

“No puede creer el que suscribe que se inmole al amparo de un fallo judicial dado por consecuencia de un sumario instruido con notoria pasión a un padre de familia con tres hijos de 9,8 y 7 años que los dejará en el mayor desamparo ya que a pesar de haber trabajado toda la vida y de haber tenido una vida modesta y ordenada no alcanzó la dicha de ver asegurada su porvenir, única ilusión de su vida”.

Extracto da defensa realizada por el na causa do 23 de Octubre de 1936

Naceu na Coruña na praza de María Pita, estudou en Santiago a carreira de Dereito como o seu pai e o seu abó que eran notarios, rematada la carreira vai a Manzaneda (Ourense) destinado como secretario do Concello, despois vai a  Lugo onde se establece como avogado e despois é nomeado secretario de concello de Ortigueira en 1932.

Era activo republicano e pertencía á masonería.

En marzo de 1936 Andrés García Ferreiro é chamado a Vimianzo coa nova corporación municipal republicana de tendencia azañista, e   tal como nos conta Luís Lamela no seu libro Crónica dunha represión en la costa da Morte, fora destituído o secretario do anterior concello por fraudes reiterados e é nomeado Andrés García Ferreiro.

Entre outros cambios, no municipio iníciase o expediente de expropiación do castelo, chamado Torres de Martelo, antiga demanda local.

Co alzamento en armas dos militares, en todos os municipios creáronse os comités de defensa da República. En Vimianzo estivo formado polos irmáns Andrés e José Alborés Gándara (alcalde de Vimianzo), o propio Andrés García Ferreiro, Alejandro García Lema e Francisco Lamela Reino.

O Comité de Defensa da República tratou de evitar o enfrontamento dos veciños en Zas; un grupo de obreiros ían enfrontarse ó grupo de falanxistas, que estaban a causar desmandos naquela localidade, e a continuación pensaban poñerse ao servizo do gobernador de A Coruña (descoñecendo que estaba, nese momento, xa asasinado)

CastelodeVimianzoMuseodoTraxeGalego-1Este grupo de obreiros foi desviado por Andrés García Ferreiro e outros membros da corporación municipal cara ó castelo de Vimianzo, para a súa toma simbólica, coa que intentan evitar unha “escabechina” – segundo contaba a súa muller- e reivindícase o castelo como lugar de “socialización”. Levántouse acta e colócaronse bandeiras: republicana, socialista, comunista e de UXT . O comité instálase nel para facer fronte aos ataques da garda civil.

Foi unha incautación, non un asalto -como se dixo despois nos xuízos- aínda que isto foi o inicio da “derrota” pois foi o principal argumento para a condena a morte.

O 25 de xullo sí se tomou o castelo polo tenente da garda civil e foi apresada a corporación municipal e os sindicalistas. As consecuencias foron: catorce anos fuxido no monte e fusilamento nunha cuneta no caso de Manuel Alborés,  anos terribles que pasou acochado nun faiado Alejandro Lerma, e tempos de prisión perpetua ou pena de morte como no caso de Andrés García Ferreiro.

A súa muller Beatriz intuía o que ía pasar e lle insistía en que fuxise pero non quixo “eu non lle fixen dano a ninguén”, dixera.

Ó día seguinte fórono buscar.

O xuízo foi unha farsa. El, avogado, defendeuse a si mesmo pero o fatídico “auxilio á rebelión” era patente de corso para o fusilamento (condeados por rebelión os que non seguiron ós rebeldes). Solicitou que pedisen referencias á garda civil, ó xeneral García Zabarte en Lugo, ao xeneral Ambrosio Feijó en Coruña, ó xuíz de instrución de Negreira Manuel Taboada, ó xuíz de instrución de Lugo, ó oficial Cela… Que xustificasen a súa vida “laboriosa e familiar”. De nada valeu.

O resultado foi cárcere desde xaneiro ata o seu fusilamento o 15 de marzo de 1937 no Campo da rata. Alí morreu, fronte ao mar o home nacido alí preto.

Carmen García-Rodeja

One thought on “Andrés García Ferreiro

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s