
Unidade española de voluntarios que entre os anos 1941 e 1943 se puxo ao servizo da Wehrmacht da Alemaña nazi. Serviu de maneira principal na batalla que os nazis libraban contra a Unión Soviética. Foi dirixida polos xenerais Muñoz Grandes e Esteban Infantes, despois. As baixas roldaron os 8.000, nun corpo no que participaron máis de 45.000 españois.