Luciano Gómez, a mocedade pola cultura

luciano gómez 001Loitaron tanto contra a Dictadura como amaron a cultura

O mundo político e cultural era un todo nos anos setenta nos Institutos da Coruña, Luciano e os compañeiros desde as Xuventudes Comunistas organizáronse para cambiar as cousas. Despois fóronos alonxando do seu soño. Luciano cóntanolo.

A mocedade

Nace en Finisterre, no ano 1956, o seu pai era guardia civil, viviron en diferentes lugares: Carballo, Moaña, Ferrol e chega á Coruña cando o neno Luciano ten trece anos, vivían no barrio da estación do tren e estuda no Instituto de Monelos, alí fai amistades entrañables: Pedro, Celsa, Juana e fundaron as Xuventudes Comunistas. Entrar nun partido significaba ler moito, formarse políticamente e desenvolver unha actividade cultural importante. Líase e debatíase seguido. Estaban organizados en células de catro ou oito persoas, moitos non se coñecían, e incluso non debían saudarse pola rúa.Non se debe olvidar que nos anos setenta ainda España estaba nunha dictadura.
Nos centros educativos había regularmente asambleas, a mocedade acudía pola necesidade que había de organizarse e cambiar o que había. Os sábados reuníanse para proxectar películas e alí estaban eles, e María Antonia, Manolo, María… O mundo era para eles un entorno a iluminar….

Represalias

Foron botados do Instituto: Juan e Luciano foron ó Masculino, Celsa a Zalaeta, Juana ó Instituto Femenino, para dispersalos.
E chegaron as detencións, “A primeira foi no 73 despois da morte de Carrero Blanco, estabamos o grupo de amigos de paseo, folgando, como fai a xente de dazaseis anos. Chegou a policía a Riazor e empezar a levar xente. A min fóronme buscar á casa”
E quedou o medo, “sempre pensando que me siguen, que me van coller”.
A seguinte foi no 75, “íamos a unha reunión a Pastoriza. Xa non se fixo, chegou de novo a policía e empezaron a perseguirnos , pistola en man, polo monte adiante” e volvéronos coller, ali o detiveron con Juan e Silver. Alí tamén estaba Demetrio e Celsa, pero non podía velos nin falarlles. Na comisaria empezou a malleira; golpes no corpo, bofetadas na cara, e todo o día axionllado cos brazos en cruz: E veña preguntas e máis preguntas, e máis golpes.”
Nas reunións preparábanlles para as detencións, “sabíamos cómo presionaban e estabamos dalgún xeito condicionados para decir sempre que non. Non podíamos falar porque no so eran camaradas, senón que eran os nosos amigos.”
Fora detido co seu amigo. “Eu fora detido con Juan pero non pudimos vernos, estabamos en celdas separadas”
“Tiña moito medo, moito; sobre todo cando oía o ascensor, que significaban que me viñan buscar” Había varios axentes pero os que máis golpeaban era P e A. “Non golpeaban , se ensañaban”
Despois de dous días veu un fugón para levalos ó cárcere. Luciano abrazouse a Juan e empezaron a rir de contentos. Os conductores non entendían nada
– Por qué estades tan contentos se ides ó cárcere?
– Por iso
No cárcere non torturaban.

Cárcere

Alí chegaron un día de setembro. Foran separados dos demáis. Estaban na parte superior xunto ás escaleiras. Na hora de comer estaban cos outros presos políticos pero “non falábamos de nada, só era estar”.
As nais iban todos os días pero nunca lles deixaron velos. Estudiaban COU, o director do Instituto onde estudiaban,  Miguez Tapia autorizou a lles facer os exames no cárcere e non perder curso.
Nunca souberon canto tempo ían estar, non houbo xuicio. Eran menores.

Todas estas irregularidades fixeron que se desatara unha campaña de protesta no exterior e os soltaran.

Marcha

Con antecedentes non se podía ir ó extranxeiro, pero a lei de Amnistía permitiulle marchar a Bélxica a cumplir o soño de ser bailarín. Despois viñeron os anos vivindo nos Estados Unidos en diferentes compañias.
Eu sempre mirei para adiante e non volvín a vista atrás, non falaba da miña militancia política, non creo que se entendera, e menos en Norteamérica” pero asume a importancia daqueles anos das Xuventudes comunistas “servíu para encauzarnos; empecei a formarme en todos os sentidos, non só no aspecto político, senón tamén no aspecto social, na arte, na literatura…acabamos moitos no mundo da cultura”.

Hoxendía

Éste non é o país que soñabamos; desamañouse moito polos intereses políticos. Nós eramos naif, pensábamos que todo ía ser maravilloso”. “A Transición non rachou nada, fíxose como se pudo pero nunca se desvinculou do anterior”
Pero debemos ir sempre cara adiante” –conclúe Luciano.

Entrevista realizada en Febreiro de 2015. CGR

3 thoughts on “Luciano Gómez, a mocedade pola cultura

  1. Moi bo Carmen como todo o que ves facendo.Apertas e aprausos.

    ________________________________ De: Memoria do cárcere A Coruña Enviado: domingo, 5 de febrero de 2017 17:06 Para: familycasa@hotmail.com Asunto: [Artigo novo] Luciano Gómez

    memoriadocarcere posted: “Loitaron tanto contra a Dictadura como amaron a cultura O mundo político e cultural era un todo nos anos setenta nos Institutos da Coruña, Luciano e os compañeiros desde as Xuventudes Comunistas organizáronse para cambiar as cousas. Despois fóronos alonxa”

    Gústame

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s