Garrote vil

Conta Camilo de Dios como acompañou ó seu compañeiro  José María Saavedra a última noite cando o condearon a garrote vil despois de se ter pegado un tiro para non entregarse á Garda civil.

Cando estabamos condeados a morte sacábannos ao patio no momento da sesta, cando os demais entraban a durmir a sesta despois da comida. Estabamos os dous na mesma celda e sen embargo tiñamos que pasear ao mediodía polo patio coas mans postas ao lombo a dez metros un doutro. E non te podías volver, nin falar co de atrais nin co de diante.

Os condeados a morte estaban todos nas galerías sociais pero non ían ao patio cos sociais. Saían con nós, cos condeados a morte. Entre eles, José María Saavedra, que era compañeiro. O que se pegara o tiro na praza das Mercedes, en Ourense. Pegouse o tiro porque estaba ferido e estabamos os dous rodeados. Eramos parexa para ir dar o golpe. Estaba ferido na man dereita e díxome que lle pegase un tiro. Díxenlle que tiña unha pistola e tiña a outra man. Saqueille a pistola da funda, mirei si estaba cargada, dinlla e pegouse un tiro e caeu. Vinlle as moas caer e o ollo colgando. e unha brecha grande na cabeza e considerei que quedara morto. Sempre pensei que estaba morto ata que tres meses despois o atopei na Coruña. O curaran, algo, porque supuraba constantemente, ata que lle deron garrote vil. Este tamén estaba condeado a morte. Déronlle garrote vil na Coruña. José María estaba solo. Só estivo acompañado a noite que o mataron que pediu que me deixaran pasar con el, e estiven con el ata o último momento. Ata que veu o verdugo estiven con el. Ata as tres e media da mañá que é cando o mataron. Paseino peor ca el. En vez de darlle ánimos eu a el, dábamos el a min.

O garrote vil consiste nun sillón cunhas correas nos pes, outras nas muñecas e logo ven o verdugo a tomarche a medida, mándate sentar no sillón, séntaste no sillón e fai unha mostra no pao, onde ten que poñer a argola  segundo a altura e despois pásante á capela por si queres escribir as últimas vontades e confesarte. Mentres tanto o verdugo pon a roda e cunha argola ao pescozo que vai apretando e vaite estrangulando así. Niso consiste o garrote vil. Non quixo vir a familia. Teño o reloxo del, deixoumo. El viñera de Ferrol co comisario político. El era socialista, republicano, e quería seguir loitando pola república. “

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s