Pequena reflexión sobre a vida de Palmira muller de Villaverde e nai de Mariquiña.
-“¡Villaverde, así, con la cabeza bien alta!”
Eso escoitara Mariquiña paseando pola rúa Real a un antigo compañeiro de cárcere do seu difunto pai
Pasou moito tempo desde que mataran ó seu “papaito”, José Villaverde Velo. líder anarcosindicalista. Durante todo ese tiempo a familia vivíu sen ocultarse.
Quizás eso lles axudou: o seguir crendo nos ideais de xusticia e libertade que tiña o seu pai .Convicción que también compartían os tíos e “abuelito”, e a mai Palmira.
Porque José Villaverde pudo terse librado. Mentras estaba no cárcere. Ofrecénronlle afiliarse a Falanxe. Tería salvado a vida, e as fillas poderían ter disfrutado del. Dixo non.
Morreu paseado ós poucos días, o 25 de setembro de 1936.
Siempre viviran na rúa Marconi.
En casa discutían moito, sempre de política, de temas sindicales tanto o abó como os tíos. Joaquín, o abó, visitóu moitas voltas o castelo de San Antón. Foi apresado varias veces.
Durante estos anos trinta, chegara a Coruña un coñecido libertario, José Villaverde Velo, a traballar na construcción do ferrocarril.
É nomeado o secretario xeral da FLO. No sindicato ademáis das tarefas sindicais tamén facían actividades culturais. Villaverde galán fai a escea do sofá con Palmira a filla de Joaquín Otero. Parece que aí empezou a historia de amor. Villaverde e Palmira Otero casan no 1933. Marchan vivir á rúa Hércules, perto do campo de Marte. Eran felices.
Montou unha librería e seguía dando conferencias por toda España, tamén no Ateneo de Madrid e no teatro Rosalía, era no acto de homenaxe á muller, alí dixo: “Vosotras, las trabajadoras le habéis perdido el miedo al patrón pero aun no le habéis perdido el miedo a Dios”.
Á saída dixéronlle que fuxira.
Unha mañán de abril fórono buscar para levalo ó cuartel da Garda civil; a familia foi a todos lados para pedir axuda. O gobernador prometeu mirar por él. Villaverde continuaba no cárcere.
Palmira estaba a punto de tener a súa segunda filla, o parto adiantouselle. En canto naceu levarona á que a vira o pai. Subían ó alto, sobre a torre do cárcere para que él, desde o patio a vira. Palmira colocaba ó bebé, Olga, na súa cabeza. No patio os compañeiros avisábanlle: “Villaverde tu niña! Pero nunca pudo vela máis que aquela fugaz visita. Palmira con Olga no colo e o su pai cheo de bágoas.
Xa non a volveron ver máis. En septembro sacárono e levárono.
Mentras, Palmira volve á rúa Marconi coas fillas. Fíxose o silencio.
Os falanxistas seguín chegando e ó poco tiempo levaron o resto dos homes da casa. Tardaron moito tempo en volvelos ver.
Non era posible xa maís sufrimento. A casa sen homes. As nenas pequenas. O mundo enriba.
Palmira forte e valente sacou adiante as súas fillas, botou peito contra o mundo sen rencor pero con toda a dignidade que tiña por ser dos Otero e por ser a dona de Villaverde.
A súa filla Mar y Luz tamén é así.
Carmen García-Rodeja