Xesús Díaz, o sindicalista preso.

Suso 1Solidariedade e compromiso

Xesús Díaz nacido no 1944 en Ferrol é un sindicalista histórico, foi un dos moitos que cumpliu cadea no 1972 despois dos sucesos do 10 de marzo en Ferrol.

Entrou a traballar en Astano no ano 1958 á idade de 14 anos como aprendiz no departamento de construcción de buques. No ano 1964 ingresou na oficina de métodos na que se mantivo ata a súa xubilación. Está casado e ten tres fillos.

Foi detido por primeira vez en 1970 cando tiña 26 anos. Foi acusado polo TOP (Tribunal de Orde Público) de pertencer ao sindicato CCOO. A amnistía para librar do cárcere aos implicados no escándalo de MATESA (un fraude que acendeu a miles de millóns de pesetas) favoreceu a todos os acusados de CCOO. As peticións de prisión foran de dous meses e os xuízos foron sobreseídos.

FERROL

De novo foi apresado no ano 1972 a consecuencia dos sucesos do 10 de marzo na Bazán de Ferrol, onde a policía matou a dous traballadores -Amador e Daniel- e feriu a máis de cincuenta. Os obreiros pedían melloras nas condicións de traballo. Os traballadores de Bazán ían cara Astano a pedir solidariedade. Despois dos feitos, a represión foi moi grande sendo detidos decenas de traballadores e cidadáns.

As familias estaban moi concienciadas e moitos dos familiares eran tamén sindicalistas ou membros do Partico Comunista. Decenas de traballadores da Bazán foron despedidos tendo que buscar emprego noutras zonas de Galicia ou do Estado.

O movemento sindical

FERROL (2)

O movemento sindical xa empezara nos anos sesenta: “Daquela montabamos comandos que eran concentracións de grupos pequenos; no ano 68, o 1 de maio, xuntámonos en grupos de dous e pasamos toda a mañá dun lado para outro no Cantóns de Ferrol. Ata que a policía fartouse e quitarónnos o carné a algúns de nós; no meu caso ía co meu fillo que daquela tiña catro anos”.

Os presos políticos tiñan moi claro que había que continuar coa educación e a cultura, que non deixaba de ser unha continuación do interese que os políticos e sindicalistas tiñan por saír do baixo nivel no que o réxime da ditadura pretendía ter á xente. Alí, no cárcere da Coruña, segundo recorda, tiñan clases: “Paco Rodríguez dábanos clase de galego, Vicente Álvarez Areces, que estudiaba Exactas explicábanos matemáticas… E cada un de nós conseguiamos libros para seguir formándonos en Economía ou en Política. Tamén faciamos teatro de autores como Alfonso Sastre e xogabamos ao fútbol e ao xadrez. Era moi importante estar ocupado”. Tamén insiste na solidariedade: “No cárcere había todo tipo de presos políticos. Acababa de saír Ferrín, había algún socialista, nacionalistas como Paco Rodríguez. Alí non había diferencia e todos estabamos xuntos”

A súa estadía só durou dous meses, fora condeado porque se negou a pagar unha multa de cento cincuenta mil pesetas que lle impuxo o director xeral da Seguridade do Estado.

Despois celebrouse o xuízo dos 23, entre os que estaban os dirixentes sindicais Pillado, Amor, Deus e Riobó de Bazán que foron condenados entre dez e doce anos. Despois da prisión preventiva na Coruña e no cárcere militar de Caranza en Ferrol, estiveron en Carabanchel e Pontevedra.

No ano 1970 cando o xuízo de Burgos houbo comandos, esa vez foron detidos sete de Astano e moitos de Bazán acusados de ser de Comisións Obreiras e foron levados ao TOP.
O sindicato vertical era o que existía durante a ditadura de Franco. Nel integrábanse os traballadores e empresarios [nin que dicir ten que os xerarcas do sindicato defendían só aos empresarios]. O salario decidíao o Goberno. En 1958, cando Xesús Díaz ingresa en Astano, apróbase a lei de convenios colectivos; e no 1962 ten lugar a primeira folga en Astano de catro días na que participa sendo aprendiz de cuarto ano. Durante eses catro días os traballadores pararon para pedir aumento de salario e dereitos sociais. Daquela nas empresas os representantes sindicais eran elixidos a dedo polas empresas, polo que nas fábricas organizáronse unas “comisións”, elixidas democráticamente polos traballadores para resolver os problemas. Ese foi o xermolo das “Comisións Obreiras”. O partido maioritario en CCOO era o PCE pero participaban tamén o MC, a Liga, o PST, a ORT, entre outros.

Moitos dos traballadores de Bazán tiveron que marchar de Ferrol para atopar un posto de traballo. Durante o “xuízo dos 23” Astano parou 24 horas, non así Bazán, como consecuencia da grande represión (despidos e cárcere) dos dirixentes máis destacados. Con todo, pouco tempo despois os novos dirixentes puxeron a Bazán na primeira liña da loita pola mellora das condicións de vida e de traballo e contra a ditadura franquista.
Comisión Obreiras estaba ligada ao PC pero tamén había moita xente doutros partidos, como ORT, MC, LCR ou PT. En Astano a USO tamén estaba en CCOO. “Todos estabamos no mesmo que era acabar co réxime de Franco”, destaca. “Daquela, nas asambleas, iamos a tiro fixo -lembra- e procurar non discutir cousas abstractas”. A empresa Bazán era da época de Carlos III; contaba por tanto cunha grande tradición obreira. Nas asambleas había un grande respecto, escoitabase con moita atención aos que interviñan e ao final votábase. Non había lugar para a demagoxia e se alguén se pasaba, os traballadores silbábanlle e, na prática, non lles deixaban intervir”.
A cultura era moi importante tamén: No círculo de Perlío facíamos teatro, e música, conferencias e debates”. Ferrol pola súa composición social obreiro-militar foi unha cidade cun grande control social, non era así na Coruña. Era tamén, a pesar de todo unha cidade moi alegre, sempre se cantaba, había traballo. Hoxe é unha cidade moi triste”, detalla.

Hoxe en día

IMG_20150409_200604
Despois de ser secretario de Acción Sindical de CCOO na provincia da Coruña, do Sindicato Nacional e da Federación do Metal de Galicia nos anos setenta e nos anos oitenta secretario do Sindicato Nacional, foi membro da comisión executiva e do Consello Confederal de CCOO. Fundou a Galeuzca sindical de CCOO con Cataluña e Euskadi e agora participa en movementos sociais,  e tamén é analista político.

Entrevista realizada en Santa Cruz (Oleiros) o 23 de Xaneiro de 2015. CGR

Deixar un comentario