Pilar Sánchez e Ermitas Pena

pilara sanchez dona de manuel pena camino e a filla Ermitas.jpg

Ermitas Pena nace no ano 1934 e con dous anos xa lle deteñen ó pai, Manuel Pena Camino, que foi condeado a cadea perpetua por unha acción contra o ferrocarril[i].

A mai Pilar Sánchez Vázquez,  deixa a nena e ó outro fillo, Constantino, coa familia na aldea de Castro en Cuntis e marcha  a Santiago a servir para estar perto do seu home. Mentres, ve como executan a Calvelo, a Manuel mándano ó cárcere de Coruña. Pilar marcha a Coruña,  e traballa de cociñeira e coidando os nenos dunha familia  propietaria da carnicería “La Santiaguesa” na plaza de España,  isto permitíalle levar comida a Manuel.

Manuel vive as penalidades do cárcere pero sae no ano 1940 con “certa preparación”  – xa que alí estudaban-  e  traen xunto a eles a súa nena Ermitas. Instálanse nunha casa no  campo de Artilleria. A nena pode estar co seu pai que empezou a traballar vendendo queixos e ovos nas feiras. Pouco tempo pasou con el a nena,  porque enseguida vaino buscar a Garda Civil.  Grazas ós veciños que indicaron que estaba fóra, puido salvarse. Esa mesma mañan  a muller  Pilar envolve nun chal á nena e marchan á praza de España para coller Manuel  o autobús da feira,  e para non volver nunca. “Prefiro morrer que volver ó carcere” -dixera Manuel antes de marchar-  e alá marchou ó monte.

E  incorporouse á guerrilla de Benigno Andrade “Foucellas”, Freijo e Ponte, na IV Agrupación Guerrilleira de Galicia.

A familia con todo  ía velo á aldea, tamén a Curtis á casa veciña da que,  xunto a estación do tren, tiña a muller do Benigno Andrade “Foucellas” – a de “Pedro de Porco”- tamén  víanse en Betanzos e alí ía Ermitas coa mai, mesmo a lugares do monte: nunha xesteira, ou xunto a un río

-E se nos collen aquí ? – desesperada- dicía a muller Pilar

– Se nos collen aquí morremos xuntos-  recorda Ermitas que decía o seu pai  Manuel

Lembra Ermitas, ver ó seu pai con ocasión da voda dun familiar. Alí  víuno, no alto preto da igrexa, co traxe , as correaxes e o máuser no ombreiro.

A nena ia á clase de “Doña Isabel”  (o fillo da mestra chamabase Oriente)  que tiñas as aulas xunto ó matadeiro, e sufría a cotío os insultos das compañeiras , chamabanlle filla de criminal, filla de foucellas. Ermitas tiña tan só dez anos

Pouco despois, no ano 1946,  levan a Pilar desterrada a Tordesillas  onde traballou de asistenta, lonxe dos fillos de novo; naquel mesmo lugar tamén fora desterrada a muller  de Benigno Andrade que enfermou e morreu alí , lonxe .

Os fillos de Pilar  voltaron quedar sós.

Pilar en Tordesillas traballou na casa da familia Sigüenza, alí pasaba moito frío pero non fame xa que tiñan un ultramarinos e alí botou dous anos.

Mentres tanto a nena Ermitas quedou  vivindo cos veciños Manuela Leis e o seu home, (ela era modista ) e a nena Ermitas puido seguir estudando

No ano 1949 Manuel foi morto nunha batida da Garda Civil xunto ós seus compañeiros Manuel Peña Tarrasa e  José Manuel Castelo Mosquera, Carmen Temprano Salorio e Manuela Teiga.

A familia enteróuse pola prensa

-Alégrome de que non o colleran vivo- dixera Pilar cando se enterou – sabendo das torturas ás que eran sometidos os detidos pola Garda Civil.

Despois Pilar mandou ó seu irmán que fose pedir un certificado de defunción, pero non llo deron e nunca puido cobrar nada a pesares de estar dada de alta no seguro El Ocaso.

Sabía Pilar que eran importantes Freijo ou Ponte “un hombre inteligente” pero moitos ladróns  actuaban en nombre de Foucellas .

Pilar Sánchez, deixou casa a filla Ermitas marchouse no ano 1957 a Venezuela  onde permaneceu 17 anos, voltou e pudo mercar un piso na rúa da Torre para descansar da vida de penalidades. O pouco tempo debeu voltar a aldea e alí quedou vinte anos coidando o seu imán.

As familias continuaron a  sufrir penalidades.

 

[i] Foi detido xunto con Manuel Calvelo López, Isabel Ríos Lezcano, Eduardo Sánchez Lago e Manuel  Sánchez Ayerbe. Tres deles condeados á pena de morte, executada só no caso do médico Calvelo e ingresados no cárcere de Santiago no ano 1936.

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s