
Facía un día de xulio coruñés, neboento. Eran as catro e media da tarde o día da data da morte de Manolito Bello. Faise cada ano no camposanto de Oza e acuden familiares e amigos.
A familia camiñaba a modo, moitos son maiores. Houbo que pedir unha sillas.
Empezaron as palabras e as lembranzas.
Manolito Bello Parga tiña 21 anos, era das xuventudes comunistas, no 1945 e condenado por un delito de rebelión militar pola elaboración de panfletos políticos, saíu e incorporouse á guerrilla antifranquista. Foi injustamente acusado de matar a Vilela un membro dos Caballeros de La Coruña, siniestro grupo de paramilitares encargados de sementar o odio e a morte. A morte foi producida por un disparo da Garda Civil.
Igualmente avanza a acusación como acto de propaganda na poboación amedrentada.
Manolito Bello estivo coa familia antes de ser matado, él sinalaba o pescozo sabendo o que pasaría. Prá familia empezou o sufrimento .
O día 11 de xulio de 1946 foi morto a garrote vil.
Pedíu que lle levaran unha estrela de caraveis roxos á súa tumba.
Cada ano llévanllo.
Unha familiar choraba sen tregua.
Despois, cando todos marcharan, ergueuse, achegouse á sepultura, levantou o brazo e dixo baixiño: Por ti Manolito, Viva la Republica!
Setenta e cinco anos despois e nunca se reparou esa morte inxusta