Compañeiros e actividades

si carcerecoruña Mada Carballeira (25).jpg

“Había un asturiano, un tal Antonio Iglesias, fillo de mineros, que estudiara cos xesuitas. Organizou clases de cultura xeral para os compañeiros.

Tamén coincidín cos catedráticos José Sánchez e Luís Echeverría, que se adicaba coma Iglesias a ensinar. Había presos de alto nivel cultural, profesionais de variadas disciplinas.

Os presos políticos eramos comunistas, ou republicanos, ou anarquistas, – eran os que máis abundaban-.Noutras galerías tamén había presos comúns.

Facíamos traballos de artesanía: estuches, marcos para cadros, flores; alí deprendín algo de boxeo, pelota vasca, xadrez. Connosco estaban uns ingleses que disque os procesaran por tragueren nun barco armas para a República. Eles, como podían pasar dun patio a outro, viñan estudiar español a onde estabamos nós. Eu queria practicar, pola miña parte, o inglés, e un día fíxenlle unha seña a un deles, un xeito de saudo. O chegar á galería mandáronnos formar e o inglés sinaloume. Expliqueilles, pero nada. O xefe dos gardas castigoume a limpar todos os días a galería completa e a valdeirar o pozo da enfermería. Negueime e deume un bofetón. Eu arrepúxeme, funme a él pero arredouse a tempo. Mandoume tres meses ó calabozo incomunicado. Eu gañei a confianza dos meus compañeiros”

Francisco Rey Balbís “Moncho” preso no cárcere de A Coruña desde o ano 1941 ta o 1945

en Xosé Neira Vilas Guerrilleiros.  Ediciós do Castro. 1991

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s