Outro cárcere: Carabanchel

carbancheel carcel

Despois fun xulgado polo TOP e leváronme a Carabanchel, alí estaban os dirigentes do proceso 1001: Sartorius, Camacho e Ariza dos que escoitara falar na prisión da Coruña, Tamén estaban Francisco Romero Marín e Simón Sánchez Montero. Na Coruña era como estar facendo o Bachillerato pero en Carabanchel , pola formación e o  nivel intelectual era como ir á Universidade ( ..) falaban como se foran ministros”

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

de: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol I). Fundación 10 de Marzo, Compostela,  2011.

Compañeiros

“Estiven dous meses en prisión , estba tamén Ignacio Toxo e Alfonso Tellado, tamén dos mayores o vello Rabina de Mugardos, anarquista de toda a vida, o vello Pillado e o meu pai,  Loureiro,  co que compartín presidio e que me protexía”

Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972

De: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.

Xente que había no cárcere

No ano 1973 Leonardo Dopico foi detido pola Brigada Político Social en Ferrol e ingresou no cárcere da Coruña, alí reencontrouse con Bernado Bastida, o vello Loureiro, Rafa Pillado e Julio Aneiros. “estabamos en celas individuais pero como Julio Aneiros sufría mareos, secuelas do balazo no pulmón,  pedímoslle  ó director  que nos deixase meter outra cama para que non estivese só e accedeu. A inmensa maioría de presos eran do Partido Comunista(PC). Tamén había un do Movemento Comunista (MC) e dous estudiantes de Ferrol de Liga Comunista Revolucionaria (LCR). A monotonía do cárcere paliábase coas informacións que Rafael Pillado conseguía a través dunha pequena radio, escoitando a Radio Pirenaica. O avogado laboralista Rafael Bárez tamén os informaba dos acontecementos cando ía visitarlles, e en ocasións, os avogados pasaban documentos nunha carteira de doble fondo”.

Leonardo Dopico Vázquez. Responsable político do PC en ASTANO, preso no 73 na Coruña.

BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela,  2011.