Lembranzas de compañeiros

 

si DSCF2521.jpg

 

Xerardo  Díaz, preso no ano 1939 e 40,  conta no seu libro de memorias que o cambian de celda,  e  por sorte , e como moitos eran da Coruña, pudo alimentarse millor.

 

 

 

Compartíu cela  con Granell, con  Xermán de 30 anos, abogado; Villamarín, carpinteiro da construcción; Otero, de 24 anos, bancario; Facal, 40 anos, mestre; Vilar, 25 anos, empregado de comercio; Vilar, estudante de mediciña, 23 anos; todos da Coruña; “poño con eles a Granel porque ainda que era madrileño, tiña a noiva coruñesa que tamén lle mandaba comida; Manteiga, 42 anos, de Ourense; Calo, de Ordenes, 28 anos labrador e máis eu.”

granell.jpg

 

Granell “era un mozo madrileño, de vinteseis anos, de corazón aberto, inquedo, sempre dun lado para outro falando con todos e sempre ca sonrisa ledosa nos beizos. Debuxaba bastante ben e o seu lapis pintou esceas e personaxes cheos de sabor anecdótico”

Xerardo Díaz Fernández:   A crueldade inútil. Ediciós do Castro. Sada (A Coruña) 1985