Entrando no cárcere

“A experiencia foi moi dura, non tiña a conciencia nin a a formación política doutros presos como Julio Aneiros, Pillado ou Amor que eran líderes curtidos. Eu non era do PC e non tiña ese apoio”

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

realizado a partir de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

.

Manuel Gómez Segura: “Unha historia menor”

Manuel Gómez Segura móstranos o seu tempo de compromiso político durante a Dictadura e as consecuencias: xuicio do TOP, tempo de prisión e represalias posteriores. Describe os compañeiros presos e a vida carcelaria.

A miña historia é pequena en comparación coa doutras persoas que estiveron na cadea, xa que soamente permanecín en prisión oito meses. Seguramente serían moitos máis de non ser que cando eu estaba en prisión no ano 1975, morreu o ditador Franco e os penais comezaron a baleirarse de presos políticos, en especial daqueles que non tiñan “delitos de sangue” como era o meu caso.

Era eu un mozo do pobo de O Barco de Valdeorras (Ourense) e non me importa dicir que moi bó estudante que iniciou os seus estudos universitarios de Biolóxicas en Santiago aló polo ano de 1972 con 17 anos e con beca da Fundación Barrié de La Maza, (Conde de Fenosa) que por aquelas datas era a dona da fábrica de CEDIE, onde traballaba o meu pai na localidade de O Barco de Valdeorras. Digo isto, porque cando fun detido , eu levaba dous cursos completos de Biolóxicas aprobados en xuño e ía polo terceiro. Coa miña detención, fun expedientado e expulsado da Universidade de Santiago de Compostela, perdendo a beca, non podendo continuar os estudos por este motivo, por estar detido na cadea, e por ser obrigado, cando saín do cárcere a facer o servizo militar. E cando rematei a mili, os meus pais, coido que con moi bó criterio, non me deixaron voltar para Santiago. Éramos tres irmaos e tirábamos todos da economía familiar e por riba xa non tiña beca. A pesar de todo , e con moitos esforzos por parte de dos meus pais rematei cos estudos de maxisterio en Ourense non exercendo nunca esta profesión de forma oficial.

            Cando cheguei a Santiago no ano 1972 era eu un mozo inquedo , profundamente católico, aínda que logo este mundo acabaría desmoronándose. Contactei con círculos trotskistas de Biolóxicas e pronto comecei a participar nas actividades de LCR-ETA VI. Militei nesta organización ata o ano 1982 ou 1983, cando esta organización xuntouse co MCG e xuntos constituíron INZAR que acabaría integrándose  no BNG.

Seguir lendo

A propósito dunha foto

Texto de Concha Gonzalez sobre unha foto no cárcere da Coruña.

“Aquí está Joaquín González González, preso comunista. La niña que tiene en brazos, soy yo, su hija Concepción González Mosquera la otra niña que tiene en brazos otra niña mi tía hermana de mi madre Maria del Pilar Mosquera Pampin. No se el nombre de las otras niñas creo que las más morena a izquierda se la foto es otra tía mía Manuela Mosquera Pampin. Las dos fueorn criadas por mis padres por haber muerto mi abuelo de tuberculosis a los treinta y tres años.

El lugar es cárcel de Coruña en alguna festividad de los carceleros. El año aproximado es 1959. Lo adivino por el tipo de ropa y porque a mi padre lo encarcelaban siempre en agosto. ( Cuando acudía el dictador a veranear a Meirás, todos los años se apresaba a los considerados “rojos”)

Detrás están los trabajos que hacían los presos y que eran en madera. A mi me regalaron una cocinita que anduvo por mi casa muchos años.

Seguir lendo

Esther Casares Quiroga. O delito: ser filla do seu pai

“Esther Casares Quiroga nunca foi procesada, nin expedientada, nin se lle tomou declaración para un sumario…o único delito era ser filla de Santiago Casares Quiroga.

Nace en Madrid o 17 de xullo de 1910, froito da relación de Santiago Casares coa dona da pensión onde se aloxaba mentres cursaba os seus estudos de Dereito. Faise cargo dela fai cargo dela e traea pra Coruña ese mesmo ano, sendo coidada na primeira infancia polos seus padriños.

Formouse academicamente en Paris, onde acudiu ás clases do Lycée Victor-Duruy mentres residía en réxime de internado en Versailles.

Ao regresar de Francia, instálase na casa familiar de Panadeiras, 12, e residirá sempre coa familia, con moita complicidade coa súa madrasta, Gloria Pérez Corrales e con María, a súa media irmá (12 anos máis nova). A familia trasládase a Madrid, cando Casares é nomeado Ministro da Mariña, e alí casa co capitán de cabalaría Enrique Varela Castro, sendo Gloria a madriña da voda. O 1 de abril de 1932, nace a súa filla, Mª Esther Varela Casares.

Seguir lendo

Morte de Manolito Bello

“O feito máis terrible que tivo lugar no cárcere da Coruña mentres eu estiven presa foi cando mataron a garrote vil a Manolito Bello.( 1 xulio 1946) Foi horrible. Horrible! Meteron os ferros do garrote no cárcere, todos sentimos como os colocaban…. Foi ao amencer. Despois diso, ninguén quixo saír da celda en todo o día.”

Testemuño de Emilia Patiño recollida por Fernando Vidal Collazo en Pontedeume agosto de 2006.

Manuel Cruz Centeno, resistente!

Manuel Cruz Centeno nace en 1904  en Corme, fillo de Aurelio Cruz Soto e Carmen Centeno Ferreiro, “Carmen de chinita” que tiveron tres fillos mais, entre eles Aurelio.

Os anos vienten a costa de Corme era unha efervescencia de cultura e de movimentos sociais.

Manuel, como a mayoría da xente do lugar traballaba no mar, él dende os doce anos.  Transportaban madeira a Asturias e País vasco.  Un ano unha galerna fixo que racharans os barcos e morrera moita xente na entrada a Bilbao. O pai  decidíu nunca mais sair cos fillos ó mar. Os fillos Manuel e Aurelio foron estudar a Santiago e conseguiron o título de maestro, naqueles anos onde a República  insistía en formar maestros con pedagoxia moderna.

Seguir lendo

Recordos dun compañeiro do cárcere

“… (Recuerdo….) cuando en la cárcel de A Coruña, a pesar de sus dolencias físicas, fruto del disparo en los sucesos del 72, lo que llevó a nuestro compañero Rafael Pillado a solicitar del director de la prisión autorización para poder dormir en la misma celda que Julio Aneiros , porque a veces, sus dolencias le producían mareos, incluso en ocasiones hasta llegar a perder el conocimiento.

A pesar de esas dolencias, jamás lo vi irritado; al contrario, siempre pendiente de los demás, dándonos ánimos. Jamás se dedicó a sí mismo: era un ejemplo para todos, por la abnegación y la firmeza de sus convicciones, que uno echa tanto de menos ahora, incluso en la llamada “izquierda”.

Leonardo Dopico Vázquez – Exdirixente do PCG

VVAA: Julio Aneiros: la lucha imprescindible. Fuco Buxán Edicións Embora, 2004

Morse

Contaba Manuel Cruz, de Corme, preso no 1945 por axudar á guerrilla, que a comunicación no cárcere facíase por morse: “petaban nas tuberías, porque alí no cárcere había moitos telegrafistas dos barcos”. Os condeados a morte estaban en celas separadas. Sabían cando os ían matar polos sinais acústicos. Despois por morse dixenralle que Manolito Bello conseguíu que o mataran vestido con uniforme do exército guerrilleiro.

Testemuño do sobriño Quico Cruz

Socorro rojo internacional

Organización creada para o servizo social pola Internacional comunista en 1922. En España naceu a mediados da mesma década, aínda que non foi ata os anos 30 cando cobrou especial protagonismo. Durante a guerra xogou un papel moi importante na retagarda republicana dentro da asistencia social aos máis afectados polo conflito.