Manuel Cruz Centeno, resistente!

Manuel Cruz Centeno nace en 1904  en Corme, fillo de Aurelio Cruz Soto e Carmen Centeno Ferreiro, “Carmen de chinita” que tiveron tres fillos mais, entre eles Aurelio.

Os anos vienten a costa de Corme era unha efervescencia de cultura e de movimentos sociais.

Manuel, como a mayoría da xente do lugar traballaba no mar, él dende os doce anos.  Transportaban madeira a Asturias e País vasco.  Un ano unha galerna fixo que racharans os barcos e morrera moita xente na entrada a Bilbao. O pai  decidíu nunca mais sair cos fillos ó mar. Os fillos Manuel e Aurelio foron estudar a Santiago e conseguiron o título de maestro, naqueles anos onde a República  insistía en formar maestros con pedagoxia moderna.

Manuel formado no ano 32- o sei irmán un ano despois- inicia o periplo por diferentes escolas en Galicia, no colexio de pedras de Perillo, na parroquia de Asados en Rianxo… Naqueles anos felices de Rianxo!

No ano 1935  Manuel Cruz é destindo en Corme aldea e alí, tanto él como Aurelio – destinado en Xornes ( Ponteceso)- participaron do entusiasmo do Frente popular .

Cando o golpe de Estado, a “significación” polo Frente Popular e seren maestros da República  supuxo a depuración dos dous irmáns Aurelio e Manuel .

Mentras Aurelio ten que incorporarse ó frente con franquistas Manuel, casado  con Dolores Cousillas sobrevivía dando clases particulares e co inicio dun colmado  onde vendían dende periódicos, larpeiradas ou calcetíns.

Mentras durou a guerra tivo que escapar moitas veces, e unha vez rematado o conflicto acudían a falanxe ou a guardia civil a por él e outros pero a solidariedade veciñal facía eque dende as aldeas de Gondomil, Guxin e outras avisaban ós que corrían peligro para que se agocharan.

No ano 1943 o partido comunista reorganiza a resistencia na zona da man de Adelino Rivas Pombo Pombo Souto que voltara do exilio en Chile. No ano 1946 organizase a guerrilla cos apoios de Manuel Cruz, Luís Ferro Souto e Alfredo Vidal e moitos homes e mulleres de Corme, no entorno e que tamén dende o barrio do Gurugú ou da Silva participaron na Coruña

En Corme reuníanse na praia de San Pedro na costa do vendaval moi perto da desembocadura do río Anllons onde tiña a base a guerrilla.

Unha muller “a madrileña”casada cun guerrilleiro foi seguida e apresada. A través dela localizaron gran cantidad de guerrilleiros.

As consecuencias dramáticas foron o desmantelamento da guerrilla, a morte de Adelino Rivas Pombo e a  represión terrible na zona.

Maís de setenta persoas foron apresadas e xuzgadas home e mulleres como  Balbina Pedro Carril Celia Álvarez Vivero e Fernanda Carril Devesa e entre outros  o encarcelamento no ano 1945 de Manuel Cruz, Luís Ferro Souto  e de Alfredo Vidal . No cárcere estiveron dous anos , Luís Ferro algún mais xa noutos penales como o de Burgos.

Cando saíu  Manuel xunto co su irmán, Ezequiel e Francisco Centeno, decididos  como eran,   montaron   unha empresa ara salgar e lañar peixe. Manuel segúia dando clases particulares para sacer o título de patrón e motorista de barco. Máis adiante recollían algas que unha empresa de Madrid mercaba para facer agar-agar.

No tempo de prisión foi tempo de apoio e solidariedade, de axuda mutua e de fortaleza de ánimo. Nembargantes Manuel Cruz non quixo nunca falar moito deses anos tristes no que fora apresado por ser resistente. Pero resistíu.

Nunca falou do seu tempo preso.

Manuel Cruz morreu no ano 1993.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Avelino_Rivas_Pombo

https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/mercores-guerrilla-contaba-enlaces-case-todas-parroquias-da-costa-da-morte/20211212175257133961.html

http://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/mercores-guerrilla-contaba-enlaces-case-todas-parroquias-da-costa-da-morte/20211212175257133961.html

Testemuños familiares

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s