Bebel García García “da lejía”

bebel

Naceu en Ribadeo en 1914, traballaba xunto cos seus irmáns nunha pequena fábrica de lexías en A Coruña.

Pertencía ás Juventudes Socialistas, formou parte das milicias antifascistas, participou na defensa do Goberno Civil e moi activamente na defensa da cidade contra os sublevados, trasladando a milicianos a puntos de defensa e a feridos ao hospital Labaca e facendo chegar alimentos a ese lugar.

Era xogador de Deportivo da Coruña

Foi detido o 25 de xullo pola garda civil en Guitiriz. Xulgado en A Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza de morte foi fusilado o día 29 de xullo de 1936 xunto, entre outros, ao seu irmán France.

“Era un tipo genial, una gran persona, oro de ley, muy valiente, todo un idealista. Lo quitaron de en medio por eso. Antes de que le dispararan se puso a mear delante del pelotón (….) Bebel siempre hablaba de lo mismo, había que transformar el mundo porque es injusto con los oprimidos”

Eduardo Galeano escribíu un fermoso texto sobre o seu fusilamento

Fonte
LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.
FERNANDEZ SANTANDER, C. : Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-39). T. II . Edicións do Castro. Sada, 2000 (pax 634)

France García García “da lejía”

1-Socialistas hacia Gob. Civil para pedir armas y municiones
Foto: primeiro a esquerda Pepin de la Lejia (José García García), detrás, con abrigo, o seu irmán France. 

Naceu en Ribadeo en 1912, traballaba no negocio familiar (unha pequena fábrica de lexías) en A Coruña. Presidente das “Juventudes Socialistas Unificadas” de A Coruña formou parte das milicias populares que defenderon o Goberno Civil, loitando tamén nas rúas da cidade contra os sublevados. Foi  detido en Guitiriz o 25 de xullo do 1936 xunto aos seus irmáns Bebel e Jaurés e xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza de morte.  Foi fusilado o 29 de Xullo aos 24 anos, no mesmo lugar que  o seu irmán Bebel. ( Jaurés foi morto na aplicación de “lei de fugas” xunto a José María Eirís e   Leovigildo Taboada)

Velaquí compartimos un poema incorporado á causa xudicial 366/37.

LAMELA GARCÍA, L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A  Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. Sada. 2005.

Elvira Bao Maceiras: Unha vida silenciada

Elvira bao

 

Elvira Bao Maceiras naceu o día 20 de maio do ano 1890 na Casa de Baños de Dorrego no barrio de Riazor. Despois de rematar a carreira de maxisterio na Escola Normal de A Coruña tivo intención de cursar os estudios de Pedagoxía en Madrid, pero as posibilidades económicas da familia non llo permitiron.

A primeira vacante que lle apareceu foi na escola da Silva (barrio coruñés que daquela era case una aldea remota), pero seu pai non a deixou ir porque pensaba que non era un destino apropiado para una moza. Anos despois fixo algún tempo escola en Redes (Ferrolterra) nun Centro creado polos indianos.

O primeiro de maio de 1920 empeza a traballar como mestra do Sanatorio Marítimo de Oza, na Coruña, dependentes do Ministerio de Sanidad y Consumo, posto que ocupa ata o mes de xaneiro de 1922, cando é nomeada mestra Permanente. Poucos meses antes do golpe militar do 1936 foille asignado o posto de Directora.

Seguir lendo

Salvador Etcheverría Brañas

Despacho Embajada Guatemala edif La Perla.1947Unha vida dedicada á República Española

Despois da súa detención e paso polo cárcere, Salvador Etcheverría debe exiliarse. En América exerce a diplomacia e ten numerosos cargos do goberno da Republica española no exilio.

 

Vida familiar e política

Era o único fillo de Germán Etcheverría Vila e Rosa Brañas García. Nacido en Ferrol o día 22 de maio de 1894, morreu en París o 23 de setembro de 1957. Aos 11 anos sufríu a perda do seu pai, falecido en 1905 á idade de 51 anos. Estivo casado con Mª da Carmen Vázquez de Hermida, de cuxo matrimonio naceron once fillos.

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1917), dedicándose inicialmente á xestión do cuantioso patrimonio herdado do seu pai.

Na segunda década do S. XX dá comezo ás súas actividades políticas, sendo requirido en 1924 polo xeneral Primo de Rivera para ocupar un cargo político na Coruña, que rexeitou.

En 1930 foi un dos fundadores dá Organización Repúblicana Galega Autónoma, (ORGA) ingresando posteriormente no Partido Republicano Radical Socialista. (PRRS), chegando a ocupar o cargo de gobernador civil de León entre 1932 e 1933. Tras a escisión do PRRS, a fracción disidente liderada por Félix Gordón Ordás únese ao Partido Republicano Radical-Demócrata de Diego Martínez Barrio, dando lugar á nova formación Unión Republicana (UR). Como militante de UR será un dos dirixentes máis destacados do novo partido na provincia da Coruña: Presidente provincial do partido e da Alianza de Labradores. Tamén era membro da loxia masónica Pensamento e Acción, nº 11 da Coruña.

Seguir lendo

Loita pola libertade dos presos

“Empecei a traballar con quince anos nunha compañía auxiliar de ASTANO. Tíñamos moitos conflictos laborais, porque se traballaba con elementos de moita toxicidade.. Políticamente as consignas estaban moi definidas e os obxectivos estaban claros, pero antes tivemos que empaparnos de cultura e de formación política . Polo que máis loitabamos era pola libertade de Pillado, Amor e Riobo( lideres sindicais de CCOO presos)”

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

Apoio mutuo

chainlink-690503_960_720

“Durante o día, no penal da Coruña, os presos políticos facían vida en común, celebraban faladoiros, comían xuntos e beneficiábanse da solidariedade mútua

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

de: BLANCO CARBALLO, Antonio: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela,  2012.

Memorias do cárcere da Coruña: O que contarían as súas paredes

Artigo de Marcos Pérez Pena para PLAZA.GAL

“Corporacións municipais enteiras, dirixentes obreiros, intelectuais, mestres, anarquistas, comunistas, socialistas, republicanos, guerrilleiros… Os muros da prisión provincial desta cidade foron testemuña da nosa terrible historia. Non hai peor inxustiza que ser privado da liberdade por motivo das propias ideas e neste penal estiveron moitos de numerosos lugares de Galicia e do Estado”.  A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e o Proxecto Cárcere impulsan Memoria do Cárcere, unha iniciativa que documenta e difunde o relato das persoas que estiveron recluídas na Prisión Provincial da Coruña.

“Os muros da prisión provincial desta cidade foron testemuña da nosa terrible historia. Non hai peor inxustiza que ser privado da liberdade por motivo das propias ideas”

O espazo web do proxecto foi presentado na Casa Museo Casares Quiroga, nun acto no que participaron as entidades impulsoras do proxecto e tamén o alcalde Xulio Ferreiro, así como investigadores en Memoria Histórica, o neto do ex alcalde Suárez Ferrín, Alfredo Suárez ou o historiador Luis Lamela. Os promotores de Memoria do Cárcere destacaron que a prisión foi durante anos “o máis semellante a un campo de concentración que houbo na cidade”.

ler máis en http://praza.gal/cultura/10727/memorias-do-carcere-da-coruna-o-que-contarian-as-suas-paredes/

 

Canción adicada a Pepín da Lejía

 

foto pepin de la lejia 1.jpg

Nesta peza homenaxéase a José García García unos irmáns da Lexía, pertencía Á Agrupación socialista de A Coruña e e fundador das Juventudes Socialistas;  estivera preso no ano 1934 e 35  pola participación na folga revolucionaria de 1934 .

Cando se produce  o golpe de Estado contra a República participou na defensa da cidade mentras os seu irmáns as Bebel, France e Jaurés, axudaron na defensa do Goberno civil.

Co golpe de Estado contra a República  os seus irmáns Bebel  e France foron executados  en Punta Herminia e  o corpo do mozo  Jaurés apareceu cadavre meses  despois xunto ó campo da rata.

Pepín  logrou fuxir de Galicia o 26 de setembro de 1936, e pasou á zona republicana. Vivíu exiliado desde o ano 1939 en Buenos Aires.

Voltou a Coruña  no ano  1977 onde faleceu no 1996.