Francisco Pérez Carballo

2015-10-20_18-59-06

Gobernador de Coruña, un intelectual madrileño , republicano e leal. Morreu con apenas vinteseis anos. Un xuicio sumarísimo fixo  que despois de apresalo, en menos de cuarenta horas,  xa se lle xulgara e asesiñara.

Naceu en Madrid o 8 de novembro de 1910, era abogado, profesor auxiliar de Dereito Romano na Universidad Central de Madrid e  Oficial Letrado do Congreso dos diputados.Casado con Juana Capdevielle.

Militou no partido de Izquierda Republicana de Azaña. Pérez Carballo era considerado como un dos máis sólidos e positivos valores intelectuais da súa xeración.

Coa vitoria do Frente Popular en febreiro do 1936 foi nomeado gobernador civil de A Coruña o 10 de Abril de 1936, con tan só 26 anos.

Co golpe de Estado que deu lugar á Guerra Civil opúxose ós sublevados, ordenando defender a sede do Goberno Civil, cuns cantos militares leais ó goberno da República e Gardas de Asalto. Non obstante, a desproporción de forzas levouno á rendición, o día 20 de xullo ás 18:30 horas.

Pérez Carballo foi preso polos rebeldes e fusilado catro días despois, xunto ó comandante Quesada e ó capitán Tejero, que fixeran fronte á sublevación dende o edificio do Goberno Civil.

Foi xulgado nun consello de guerra sumarísimo o día 24 de xullo, foi condeado a morte foi executado a mañá seguinte, o día 25 de Xullo de 1936.

A súa muller Juana Capdevielle foi secuestrada por grupos paramilitares de Falanxe e e asesiñada en Rábade.

Fonte: LAMELA GARCÍA , L. Estampas de injusticia: la guerra civil del 36 en a Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.

2 thoughts on “Francisco Pérez Carballo

Deixar un comentario