Unha vida dedicada á República Española
Despois da súa detención e paso polo cárcere, Salvador Etcheverría debe exiliarse. En América exerce a diplomacia e ten numerosos cargos do goberno da Republica española no exilio.
Vida familiar e política
Era o único fillo de Germán Etcheverría Vila e Rosa Brañas García. Nacido en Ferrol o día 22 de maio de 1894, morreu en París o 23 de setembro de 1957. Aos 11 anos sufríu a perda do seu pai, falecido en 1905 á idade de 51 anos. Estivo casado con Mª da Carmen Vázquez de Hermida, de cuxo matrimonio naceron once fillos.
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1917), dedicándose inicialmente á xestión do cuantioso patrimonio herdado do seu pai.
Na segunda década do S. XX dá comezo ás súas actividades políticas, sendo requirido en 1924 polo xeneral Primo de Rivera para ocupar un cargo político na Coruña, que rexeitou.
En 1930 foi un dos fundadores dá Organización Repúblicana Galega Autónoma, (ORGA) ingresando posteriormente no Partido Republicano Radical Socialista. (PRRS), chegando a ocupar o cargo de gobernador civil de León entre 1932 e 1933. Tras a escisión do PRRS, a fracción disidente liderada por Félix Gordón Ordás únese ao Partido Republicano Radical-Demócrata de Diego Martínez Barrio, dando lugar á nova formación Unión Republicana (UR). Como militante de UR será un dos dirixentes máis destacados do novo partido na provincia da Coruña: Presidente provincial do partido e da Alianza de Labradores. Tamén era membro da loxia masónica Pensamento e Acción, nº 11 da Coruña.
Detencións e cárcere.
O 18 de xullo de 1936 prodúcese o levantamento dos militares contra a autoridade da II República, triunfando os rebeldes en Galicia que queda sometida ao bando de guerra. O 24 de agosto seguinte é detido na Coruña, permanecendo no cárcere até o seguinte día 29 que pasa a arresto domiciliario. Transcorrido un tempo, élle imposta unha multa de 5.000 pesetas. Pouco despois, o 11 de decembro, é novamente detido polas Milicias Armadas Cabaleiros da Coruña, que o reteñen nos calabozos de Falanxe (c/ Juana de Veiga, antiga Casa do Pobo) para ser ingresado posteriormente na Prisión provincial.
Neses días leva a cabo o comiso de documentos achados na súa casa de Av. de Rubine 45-1º (hoxe Av. Buenos Aires), así como o espolio da súa biblioteca, da que levan a maior parte de libros.
Exilio
O 31 de decembro foille concedido un permiso carcelario conseguido por un amigo influinte (presumiblemente un crego relacionado coa familia da súa muller), aproveitando o salvoconducto para fuxir a Portugal o día 1 de xaneiro de 1937
Xa en Lisboa embarcará para Cuba no buque alemán “Iberia”, onde arriba o día 16 de xaneiro de 1937. Ao chegar á Habana, as autoridades impiden o desembarco e condúcenlle, xunto aos demais españois do “Iberia”, ao campo de inmigrantes de Triscornia o cal sae mercé ás xestións do seu amigo, D. Félix Gordón Ordás, daquela embaixador da República en México e Cuba, e de contado comeza a traballar para o Goberno republicano nesa legación da illa caribeña, a fin de gañar a batalla da opinión pública americana e pór orde na cancillería da que se apropiaran os falanxistas.

Primeiramente faise cargo da oficina de información e propaganda da Embaixada na Habana, para posteriormente exercer funcións de Chanceler.
En xuño dese mesmo ano é nomeado Secretario da Embaixada da Republica Española en México, onde se traslada. En agosto de 1937 é nomeado cónsul xeral en Veracruz.
De 1938 a 1939 é nomeado encargado de negocios na Illa Española (R. Dominicana e Haití).
Durante os anos 1940 a 1945, centra a súa actividade fundamental en aglutinar as forzas políticas partidarias, nunha plataforma unitaria. Crea e preside a Alianza Nazonal Galega, primeira organización unitaria no exilio, e no que se integraban representantes galegos de moi distinta significación, con máis de 2000 adheridos, e da que formaban parte partidos políticos e sindicatos de América e Europa.
1956 Pasaporte a Francia

En 1946 é nomeado encargado de Negocios en Guatemala, onde permanece até 1947, data en que este país recoñece a Franco. En 1953 é nomeado para igual cargo na Embaixada española de México, que ocupa até xaneiro de 1956, data en que se traslada a París ao ser nomeado Ministro de Información, Propaganda e Arquivos, así como Secretario do Consello de Ministros, do Goberno Republicano no exilio presidido por D. Félix Gordón Ordás. Alí foi donde faleceu o 13 setembro de 1957 por parada cardíaca.