Salvador Etcheverría Brañas

Despacho Embajada Guatemala edif La Perla.1947Unha vida dedicada á República Española

Despois da súa detención e paso polo cárcere, Salvador Etcheverría debe exiliarse. En América exerce a diplomacia e ten numerosos cargos do goberno da Republica española no exilio.

 

Vida familiar e política

Era o único fillo de Germán Etcheverría Vila e Rosa Brañas García. Nacido en Ferrol o día 22 de maio de 1894, morreu en París o 23 de setembro de 1957. Aos 11 anos sufríu a perda do seu pai, falecido en 1905 á idade de 51 anos. Estivo casado con Mª da Carmen Vázquez de Hermida, de cuxo matrimonio naceron once fillos.

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1917), dedicándose inicialmente á xestión do cuantioso patrimonio herdado do seu pai.

Na segunda década do S. XX dá comezo ás súas actividades políticas, sendo requirido en 1924 polo xeneral Primo de Rivera para ocupar un cargo político na Coruña, que rexeitou.

En 1930 foi un dos fundadores dá Organización Repúblicana Galega Autónoma, (ORGA) ingresando posteriormente no Partido Republicano Radical Socialista. (PRRS), chegando a ocupar o cargo de gobernador civil de León entre 1932 e 1933. Tras a escisión do PRRS, a fracción disidente liderada por Félix Gordón Ordás únese ao Partido Republicano Radical-Demócrata de Diego Martínez Barrio, dando lugar á nova formación Unión Republicana (UR). Como militante de UR será un dos dirixentes máis destacados do novo partido na provincia da Coruña: Presidente provincial do partido e da Alianza de Labradores. Tamén era membro da loxia masónica Pensamento e Acción, nº 11 da Coruña.

Seguir lendo