Luís Costa García, unha vida chea de atrancos pero un doutoramento en París

Luis Costa García nace en Vilagarcía no 1915, o 26 de febrero.  Cenetista, escritor,  bibliotecario e historiador. Tras o golpe de Estado de 1936 usou o nome falso de Juan García Durán, de Comillas, Santander.

Nace nunha familia de clase obreira. Trasládanse de Vilagarcía a Vilaxoán. Comezou coma carpinteiro e finou sendo Doutor en Historia pola Sorbona de ParÍs. “Os Costa tiñan ansia de liberdade na alma, e moita mar nos ollos azuis.” O seu pai, Cándido Costa Saborido, simpatizante da ideas republicanas, foi perseguido no golpe do 36.

Luís ingresa con 15 anos nas Xuventudes Libertarias, aos dezaseis anos era secretario da organización en Vilagarcía. Con dezaoito presidente do Sindicato de Carpinteiros. Con vinteún, no 36, acode como delegado ó Congreso da CNT en Zaragoza.

Mata a un home accidentalmente nunha trifulca no seu posto de traballo no Porto de Vilagarcía. Fuxe a Coruña a refuxiarse con compañeiros libertarios.

En xullo do 36, canda o golpe, tenta fuxir nun barco a Asturias para unirse alí á loita pero é detido pola pola Garda Civil (episodio que abre a súas memorias antifranquistas).

Ingresa no cárcere de Coruña no 1936, condeado a morte, pero  lle foi commutada a pena. Durante todo o proceso adopta o nome falso de Juan García Durán para non ser relacionado coa morte de Vilaxoán. Luís permaneceu preso sete anos, presenciando a diario como iban levando compañeiros ao fusilamento. Aproveitou para estudar, os seus mestres no cárcere foron Cesáreo e Camilo Saco, galeguistas de Monforte, foron eles quenes o iniciaron na gramática.  Posteriormente escribiu “Gramática Española: porque la gramática es una ciencia”. Seguir lendo

Unha pelota de frontón

si 15779335189_426295893c_b

Outro preso condeado a morte do que nos fala Camilo de Dios

“Hai outro camarada que me deixou unha pelota de frontón e cinco duros, que era o que tiña. Fora coronel jefe das forzas blindadas de Extremadura-Cataluña, Benito Ricardo Beneito Sotela, tamén o matou a Guardia Civil. E deixoulle alí aos funcionarios, xa levaba quince anos no cárcere, general en Francia, na resistencia, e levábano para Alemaña, cos prisioneiros alemáns e os maquis, e os maquis atacaron o tren e o liberaron. Toda a vida en guerras e despois de levar once anos no cárcere caeu o Roberto en Granada, un xefe de guerrillas, e descobren que era o xefe das guerrillas aquí en España e aplicáronlle a lei de fugas no penal e deixou dito que me entregasen a pelota do pinpon e cinco duros que tiña. Despois vin a familia en Madrid. Tiña un fillo e unha filla.”

Pilar Sánchez e Ermitas Pena

pilara sanchez dona de manuel pena camino e a filla Ermitas.jpg

Ermitas Pena nace no ano 1934 e con dous anos xa lle deteñen ó pai, Manuel Pena Camino, que foi condeado a cadea perpetua por unha acción contra o ferrocarril[i].

A mai Pilar Sánchez Vázquez,  deixa a nena e ó outro fillo, Constantino, coa familia na aldea de Castro en Cuntis e marcha  a Santiago a servir para estar perto do seu home. Mentres, ve como executan a Calvelo, a Manuel mándano ó cárcere de Coruña. Pilar marcha a Coruña,  e traballa de cociñeira e coidando os nenos dunha familia  propietaria da carnicería “La Santiaguesa” na plaza de España,  isto permitíalle levar comida a Manuel.

Manuel vive as penalidades do cárcere pero sae no ano 1940 con “certa preparación”  – xa que alí estudaban-  e  traen xunto a eles a súa nena Ermitas. Instálanse nunha casa no  campo de Artilleria. A nena pode estar co seu pai que empezou a traballar vendendo queixos e ovos nas feiras. Pouco tempo pasou con el a nena,  porque enseguida vaino buscar a Garda Civil.  Grazas ós veciños que indicaron que estaba fóra, puido salvarse. Esa mesma mañan  a muller  Pilar envolve nun chal á nena e marchan á praza de España para coller Manuel  o autobús da feira,  e para non volver nunca. “Prefiro morrer que volver ó carcere” -dixera Manuel antes de marchar-  e alá marchou ó monte.

E  incorporouse á guerrilla de Benigno Andrade “Foucellas”, Freijo e Ponte, na IV Agrupación Guerrilleira de Galicia.

A familia con todo  ía velo á aldea, tamén a Curtis á casa veciña da que,  xunto a estación do tren, tiña a muller do Benigno Andrade “Foucellas” – a de “Pedro de Porco”- tamén  víanse en Betanzos e alí ía Ermitas coa mai, mesmo a lugares do monte: nunha xesteira, ou xunto a un río

-E se nos collen aquí ? – desesperada- dicía a muller Pilar

– Se nos collen aquí morremos xuntos-  recorda Ermitas que decía o seu pai  Manuel

Seguir lendo

Derradeira carta de Bebel á súa nai

bebel.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

28 de julio de 1936

Madre:

Se que tu no estarás arrepentida de que tus hijos fuesen juzgados por la santa causa; sé que te remorderá por cometerse con ellos tantas injusticias, como con nuestro padre. ¡Ah! Pero él no cesó en la lucha por muchas que fuesen las injusticias. Nosotros le seguimos hasta los últimos momentos, prueba de ésto es lo que nos ocurre. Pero yo se que tu no desmayaras en la lucha pues tu siempre has contribuido enormemente en la lucha del proletariado. ¡Sé fuerte! Tienes que criar a mis hermanitos como lo has hecho con nosotros, pero creo que saldrán a su padre y a sus hermanos mayores.

Abrazos de tu hijo Bebel, al igual que a mis hermanitos.

Bebel

 

O día seguinte o deportista Bebel foi fusilado no campo da rata xunto con -entre outros- o seu irmán France. Tiña 23 anos.

Impresións na chegada ó cárcere

DSCF2541

Camilo de Dios describe a chegada ó cárcere da Coruña despois de ser apreixado e torturado en Ourense

“Caín preso o 18 de marzo (de 1949) noite. Sen pantalóns e sen calzoncillos. Estiven amarrado cunhas cadeas e unhas argollas e sentado. Os pantalóns e os calzoncillos gastáronse. Non me lavei nunca, non me duchei nunca naqueles dous meses. Botábanme caldeiros de auga. Así estiven dous meses na comandancia a Guardia Civil. Lévanme á Coruña para declarar polo asunto do ataque ao cárcere. Lévanme no tren.  Torturaronme trinta ou cuarenta días e os outros foron para repoñerme un pouco. Non podes entrar a rastras no cárcere porque se hai un director cun pouco de humanidade non te recibe.  Fun con  ao cárcere.

Cheguei ó cárcere da Coruña o 16 de maio, de A primeira impresión do cárcere foi marabillosa. Déronme unha colchoneta e cerráronme a porta. Non entrou ninguén. Durmín estupendamente. Púdenme deitar despois de dous meses. Dixéronme que cea non había, que xa a deran, pero foi o mesmo. Eu estaba afeito a cear paos. Estaba na mesma celda que Antonio(Pérez Barreiros). Estivemos sempre xuntos. E incluso condeados a morte. Sempre xuntos. Iamos ao baño xuntos. Cando non estaba unha tal Teresa, unha viúva dun Guardia Civil, que era a que facía a limpeza na comandancia. Estando aquela muller non iamos ao baño porque traía unha lata de sardiñas, orinábamos na lata e ela ía a vaciala.”

Cárcere de Saturrarán

Un antiguo balneario de luxo, convertido en seminario e finalmente en prisión. Localizado na praia de Saturrarán (Mutriku), albergó un dos maiores e máis crueles cárceres do  Régximen Franquista. Saturrarán  converíuse  en prisión de mulleres clasificadas de “extremadamente rebeldes e perigosas”. Dúas mil mulleres republicanas de idades  entre os 16 e os 80 anos  de todos os lugares de España, estiveron presas entre 1937 y 1944.