Camilo de Dios describe a chegada ó cárcere da Coruña despois de ser apreixado e torturado en Ourense
“Caín preso o 18 de marzo (de 1949) noite. Sen pantalóns e sen calzoncillos. Estiven amarrado cunhas cadeas e unhas argollas e sentado. Os pantalóns e os calzoncillos gastáronse. Non me lavei nunca, non me duchei nunca naqueles dous meses. Botábanme caldeiros de auga. Así estiven dous meses na comandancia a Guardia Civil. Lévanme á Coruña para declarar polo asunto do ataque ao cárcere. Lévanme no tren. Torturaronme trinta ou cuarenta días e os outros foron para repoñerme un pouco. Non podes entrar a rastras no cárcere porque se hai un director cun pouco de humanidade non te recibe. Fun con ao cárcere.
Cheguei ó cárcere da Coruña o 16 de maio, de A primeira impresión do cárcere foi marabillosa. Déronme unha colchoneta e cerráronme a porta. Non entrou ninguén. Durmín estupendamente. Púdenme deitar despois de dous meses. Dixéronme que cea non había, que xa a deran, pero foi o mesmo. Eu estaba afeito a cear paos. Estaba na mesma celda que Antonio(Pérez Barreiros). Estivemos sempre xuntos. E incluso condeados a morte. Sempre xuntos. Iamos ao baño xuntos. Cando non estaba unha tal Teresa, unha viúva dun Guardia Civil, que era a que facía a limpeza na comandancia. Estando aquela muller non iamos ao baño porque traía unha lata de sardiñas, orinábamos na lata e ela ía a vaciala.”