Maruxa Seixas, muller valente

Maruxa Seijas tiña once anos cando estourou a guerra. Os fascistas executaron a un tío seu e a súa tía levárona presa, igual que a un dos seus irmáns. Outro, estivo agochado tras a fuxida frustrada do Portiño. Maruxa, nomeada Republicana de Honra na Coruña, contounos a súa historia no capítulo 8 de ‘A ferida aberta no 36’. Neste documental sonoro Nuria López recolle a sús historia.

#guerracivil#franquismo#represion#crmh#aferidaabertano36

Ricard Boadella i Sanabra, un músico catalán preso na Coruña

Ricard Boadella i Sanabra (Barcelona, 1912 – 1977). Violoncelista catalán de fama internacional. Discípulo de Gaspart Cassadó, con tan solo 16 años debuta con la orquesta sinfónica de Eduard Toldrà en el Palau de la Música Catalana de Barcelona y, dos años después lo hace como solista .En octubre de 1935 se traslada a Berlín para ampliar sus estudios, donde entra en contacto con el grupo de catalanes formado entorno a la figura del periodista y agregado de prensa de la embajada española Eugeni Xammar. Con ellos participa en la defensa de la embajada de la República en Berlín frente al intento sedicioso del embajador Agramonte. Defensa de la República que conlleva la persecución y detención del grupo por parte de la Gestapo. Tras una estancia en la prisión de Alexanderplatz, en abril de 1937 serán entregados a Franco y encarcelados en la prisión Provincial de A Coruña. Un año más tade Ricard Boadella es trasladado al campo de concentración de Rianxo .

Después de la guerra retoma su carrera musical con conciertos en Europa y América, además de Sudáfrica, Egipto, Etiopia, la India, China y Japón.

Durante un tiempo se carteó con Arturo Taracido compañero de prisión.”

en Gemma Domenech “Tell. El llop solitari de l’exili català” Institut Català de Recerca en Patrimoni, Cultural, Col·lecció: ICRPC Llibres, 2025

mais información:

https://www.interpretscatalanshistorics.com/cat/ver-Ricard-Boadella-58

Elvira Bao no cárcere da Coruña

Elvira Bao Maceiras, foi presa no cárcere da Coruña polo seu activismo cultural e ser membro das Irmandades de Fala.

“Desenvolveu a súa actividade docente na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora. No ámbito político, foi unha activa militante do galeguismo e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo Secretaria da súa Xunta Directiva en 1918.

Elvira Bao foi membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933 e foi presidenta da primeira Xunta Directiva, integrada por outras destacadas republicanas como Amparo López Jean. O seu nome é recollido no semanario A Nosa Terra como intervinte en mitins do Partido Galeguista. Xunto ao seu home Bernardino Varela Docampo editaron o primeiro libro de Contos pra nenos, cun texto de autoría de Vicente Risco e ilustracións de Álvaro Cebreiro.

Como consecuencia do seu activismo político, logo do golpe de estado de 1936, pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público.”

Fonte. A Coruña da mulleres, ACAV

José Álvarez Punín

La imagen puede contener: 20 personas, multitud y exterior

“El comerciante José Álvarez Punín -¿Funín?-, residió en el primer tercio del siglo pasado en la calle Real, 64-3º, de A Coruña. Fue socio del Casino Republicano y vocal de su junta de gobierno. En 1934 fue elegido dirigente del Partido Republicano Radical-Socialista y posteriormente se afilió a Unión Republicana, el partido político de Diego Martínez Barrio.

Tan pronto se produjo el golpe de Estado militar en A Coruña, José Álvarez Punín fue detenido y encarcelado durante varios meses, acusado de “poseer arraigadas ideas izquierdistas”.

Además de otras sanciones impuestas y numerosas restricciones de su libertad, en 1939 le incoaron un expediente de responsabilidades políticas (BOE, de fecha 2 de octubre de 1941) condenándole a varias penas económicas y a la inhabilitación, trabándole sus bienes.

En octubre de 1941 ya estaba fallecido…”

Recollido do facebook de Luis Lamela

Mariñeiros de Cervo no cárcere da Coruña

CERVO

Ramón Martínez Paleo, Lois Diéguez,  Esteban Castro Alonso,  Antonio Abad Gomez eran mariñeiros de Cervo ( Lugo), Justo Cao Carvajales, gandeiro e Claudio Pernas Campo, fogoneiro. Todos tiñan menos de 30 anos cando foran aprexados acusados de “auxilio a la rebelión” na sentencia xudicial de 17 de agosto de 1936. Foron sentenciados a reclusión perpetua e despois de pasar polo cárcere de Lugo foron enviado ó penal coruñés o dia 20 de Abril de 1937.

Seguir lendo

Antonio Prenas Illobre.

images.png

“Naceu en 1910, en A Coruña.  Peón albañil. Pertenceu ao sindicato da construcción da CNT, participou intensamente na vida sindical da cidade.

Con motivo dunha asamblea da CNT celebrada o 12 de Abril de 1934, na sede que tiñan na rúa Federico Tapia, para tratar os temas do subsidio de enfermidade e o paro obreiro, Prenas falou aos congregados centrando as súas críticas contra o gobernador civil e demais autoridades que tildaban aos traballadores de todo menos do que son en realidade, sin duda porque negánse a deixarse arrebatar o subsidio de enfermidade e retiro obreiro sen loitar”….Rematou manifestando que “ a obra dos traballadores en pro da súa emancipación ten que ser obra dos traballladores mesmos.
Foi detido nunha rúa da cidade o día 22 de xullo, sen portar arma algunha.

O día 4 de Agosto o xuiz militar decreta que “no existiendo motivos para acordar prisión para Antonio Prenas Illobre y José Morandeira Pereira se alza, a los fines judiciales, la detención en que se encuentran, y comuníquese este acuerdo al Sr, Delegado de Orden Público, y Jefe de la Prisión de esta ciudad, así como que deben quedar detenidos a disposición de aquella autoridad”.

O 19 de agosto nunha “saca” colectiva e en coordenación coa realizada o mesmo día noutras localidades de Galicia –caso de Anxel Casal- foi sacado da cárcel con varios presos máis, levados por un grupo de falanxistas coruñeses, e “paseados” . Tiña 26 anos.”

LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.

Basilisa Álvarez

Luís Lamela investiga sobre mulleres represaliadas e entre outras, chámanos a atención o caso de Basilisa Álvarez presa en A Coruña

“Fóra diso uns poucos nomes de mulleres “paseadas” ou fusiladas, son moi raras as veces nas que as féminas aparecen citadas nos estudos que se desenvolveron sobre a represión franquista en Galicia. Pero, si, tamén foron represaliadas tanto física como económica, laboral ou psicológicamente, deixando de ser donas do seu destino. E, tamén violadas, rapadas, humilladas e obrigadas a beber aceite de ricino. Pero a investigación histórica varreu moitos tópicos e elas son agora tamén a historia real dos derrotados, dos vencidos, coñecendo aos poucos a dureza das vidas que levaron esas mulleres represaliadas. Existen numerosos exemplos dunha historia aínda por coñecer en detalle e algunhas (…) que poderían representar a todas elas, nun retrato ou nunha viaxe á dor común, un grito tamén pola dignidade das que foron humilladas ou asasinadas e ofendidas.”

si IMG_20160901_104751.jpg

“Basilisa Álvarez González naceu ao redor do ano 1884 en Firas-O Rosal-Pontevedra. En 1936 traballaba de pescantina na Coruña, estaba solteira e era veciña da rúa Atocha Alta, 56, baixo. Basilisa Álvarez foi condeada por sentenza de 16 de novembro de 1938 do consello de guerra ordinario de Praza celebrado na Coruña, causa número 566, polo delito de adhesión e auxilio á rebelión, á pena de 20 anos de reclusión temporal e accesorias correspondentes. No mes de outubro de 1939 estaba recluída na Prisión Provincial da Coruña. Tamén foi sancionada polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas o 22 de xuño de 1940, con 50 pesetas (causa 249/940). E como carecía de bens propios, os franquistas nada puideron cobrar.”

Enrique Miguel Moscoso, O “Cristo de Vioño”

enrique-miguel-moscosoNaceu en A Coruña en 1910
Peón da construcción
Formou parte das milicias populares das “Juventudes Socialistas Unificadas”, xunto aos irmáns da lexía, que participaron nas vixiancias nocturnas, co Comité de Defensa da República, no Goberno Civil de A Coruña, ata a rendición no día 20.

Durante o día participaban nas barricadas levantadas polos defensores da República nas rúas coruñesas.

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña o 29 de Xullo de 1936, xunto aos irmáns da lexía, France e Bebel García.

LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.

Ramón Maseda Reinante

1250.-_maseda_reinante_ramon.jpg

Natural de Ribadeo (Lugo), naceu o 29 de abril de 1880, casado con Esperanza García Iglesias. Era Oficial do ministerio da Mariña, estaba retirado nos días do levantamento golpista.

Era unha figura senlleira do socialismo coruñés, foi fundador do partido socialista en A Coruña, e un gran loitador social, foi promotor do Campo de Marte actual e un importante núcleo de vivendas populares ao seu arredor

 

campo de marte.jpgToda aquela zona, na que vivía o propio Maseda, estaba habitada por xentes populares e eminentemente socialistas.
En 1934 foi presidente da sociedade “La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento”, centro cultural ao que a policia acusaba de ser unha sociedade anarquista revolucionaria filial de Germinal. Foi tamén secretario da Liga Española de Derechos del Hombre
En abril de 1936 foi elixido compromisario do PSOE para a elección do novo Presidente de la República (Manuel Azaña).

Detido o 20 de xullo de 1936 no Goberno Civil, ingresou, logo de pasar polo Cuartel de Infantería de Atocha, na Prisión Provincial en réxime de incomunicación que duraría ata o primero de agosto.
Foi xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Exectutado o 31 de Agosto de 1936.

Fontes:
LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. Sada, 2005.
Fundación Pablo Iglesias.

Francisco Prego Campos, de Izquierda Republicana

francisco-prego-campos-abc-condena

Naceu en  A Coruña en 1891. Foi funcionario municipal e xefe de negociado no concello de A Coruña .

Desde moi novo militou no republicanismo, en Izquierda republicana, e foi socio activo do  “Casino Republicano” da cidade.

Despois do golpe de xulio de 1936,  foi detido o dia 27  xunto ó diputado Manuel Guzmán García de quen era secretario particular. Foi  condeado a morte con él e máis co alcalde Suárez Ferrín, Joaquín Martín Martinez, secretario do concello, e os líderes do  PSOE, Maseda e Mazariegos.

rata

Foron  fusilados no  campo da  Rata o 31 de Agosto de 1936.

Despois de morto a familia tivo que facer frente a unha multa de tres millons de pesetas . As dúas familias, a de Prego e a de Guzmán perderon o su marido e pai e tamén as pertenzas.

No cárcere escribíu unha triste carta onde mostraba a inxusticia que se cometía cun home honrado.

LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/05/03/1650947.shtml