Mariñeiros de Cervo no cárcere da Coruña

CERVO

Ramón Martínez Paleo, Lois Diéguez,  Esteban Castro Alonso,  Antonio Abad Gomez eran mariñeiros de Cervo ( Lugo), Justo Cao Carvajales, gandeiro e Claudio Pernas Campo, fogoneiro. Todos tiñan menos de 30 anos cando foran aprexados acusados de “auxilio a la rebelión” na sentencia xudicial de 17 de agosto de 1936. Foron sentenciados a reclusión perpetua e despois de pasar polo cárcere de Lugo foron enviado ó penal coruñés o dia 20 de Abril de 1937.

Tamén  foron procesados nesa mesma causa (222-36)  Valeriano Gonzalez Diaz, Sergio Correa Fra,  Jose Costa Pardo, Jose Murades Fernandez  e Nicolás Rey López a pena de 15 anos; José Otero Álvarez e Manuel Ponte López a 12 anos.

E condeados a seren  fusilados en Lugo: Benito Colín Veiga e  José Correa  Miranda, alcalde de Cervo e o secretario de xuzgado.

Na entrada da resolución indica “ Que iniciado un Movimiento Nacional hacia mediados del julio último, con el fin de rescatar a España del mando de los gobiernos del Frente Popular,que pretendían desmembrarla y hacerle perder su independencia., el Ejercito columna vertebral de la Nación personalizó y  dirigió tal movimiento bajo el régimen local de los Bandos declaratorios del Estado de Guerra y el fin perseguido es dar a la Nación una nueva estructura en consonancia con sus autenticas esencias de personalidad” (sic)

Acúsaselles a todos eles de que os dias 20 e 21 de xulio do 1936,  fixeron “oposición a las fuerzas nacionales”, “requisar armas” e de “vitorear a Rusia y al comunismo” e de “perseguir a las personas derechistas”.

A condea de “auxilio a la rebelión” aminoraselle a Manuel Ponte e José Otero Álvarez por ser menores de idade. O resto dos precesados son sentenciados -en concepto de autores-, a prisión perpetua, 15 e 12 anos e inhabilitación; A José Correa Miranda secretario de xuzgado  e ó  alcalde de Cervo Benito Colín Veiga, -coa “circunstancia a agravante de perversidad”- a pena de morte.

José Correa Miranda e Benito Colin foron fusilados en Lugo  o dia 10 de decembro de 1936, ámbolos dous pertenecían a Unión Republicana.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s