Luís Lamela investiga sobre mulleres represaliadas e entre outras, chámanos a atención o caso de Basilisa Álvarez presa en A Coruña
“Fóra diso uns poucos nomes de mulleres “paseadas” ou fusiladas, son moi raras as veces nas que as féminas aparecen citadas nos estudos que se desenvolveron sobre a represión franquista en Galicia. Pero, si, tamén foron represaliadas tanto física como económica, laboral ou psicológicamente, deixando de ser donas do seu destino. E, tamén violadas, rapadas, humilladas e obrigadas a beber aceite de ricino. Pero a investigación histórica varreu moitos tópicos e elas son agora tamén a historia real dos derrotados, dos vencidos, coñecendo aos poucos a dureza das vidas que levaron esas mulleres represaliadas. Existen numerosos exemplos dunha historia aínda por coñecer en detalle e algunhas (…) que poderían representar a todas elas, nun retrato ou nunha viaxe á dor común, un grito tamén pola dignidade das que foron humilladas ou asasinadas e ofendidas.”
“Basilisa Álvarez González naceu ao redor do ano 1884 en Firas-O Rosal-Pontevedra. En 1936 traballaba de pescantina na Coruña, estaba solteira e era veciña da rúa Atocha Alta, 56, baixo. Basilisa Álvarez foi condeada por sentenza de 16 de novembro de 1938 do consello de guerra ordinario de Praza celebrado na Coruña, causa número 566, polo delito de adhesión e auxilio á rebelión, á pena de 20 anos de reclusión temporal e accesorias correspondentes. No mes de outubro de 1939 estaba recluída na Prisión Provincial da Coruña. Tamén foi sancionada polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas o 22 de xuño de 1940, con 50 pesetas (causa 249/940). E como carecía de bens propios, os franquistas nada puideron cobrar.”