Francisco Prego Campos

francisco-prego-campos-abc-condena

Naceu en  A Coruña en 1891. Foi funcionario municipal e xefe de negociado no concello de A Coruña .

Desde moi novo militou no republicanismo, en Izquierda republicana, e foi socio activo do  “Casino Republicano” da cidade.

Despois do golpe de xulio de 1936,  foi detido o dia 27  xunto ó diputado Manuel Guzmán García de quen era secretario particular. Foi  condeado a morte con él e máis co alcalde Suárez Ferrín, Joaquín Martín Martinez, secretario do concello, e os líderes do  PSOE, Maseda e Mazariegos.

rata

Foron  fusilados no  campo da  Rata o 31 de Agosto de 1936.

Despois de morto a familia tivo que facer frente a unha multa de tres millons de pesetas . As dúas familias, a de Prego e a de Guzmán perderon o su marido e pai e tamén as pertenzas.

No cárcere escribíu unha triste carta onde mostraba a inxusticia que se cometía cun home honrado.

LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/05/03/1650947.shtml

Bebel García García “da lejía”

bebel

Naceu en Ribadeo en 1914, traballaba xunto cos seus irmáns nunha pequena fábrica de lexías en A Coruña.

Pertencía ás Juventudes Socialistas, formou parte das milicias antifascistas, participou na defensa do Goberno Civil e moi activamente na defensa da cidade contra os sublevados, trasladando a milicianos a puntos de defensa e a feridos ao hospital Labaca e facendo chegar alimentos a ese lugar.

Era xogador de Deportivo da Coruña

Foi detido o 25 de xullo pola garda civil en Guitiriz. Xulgado en A Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza de morte foi fusilado o día 29 de xullo de 1936 xunto, entre outros, ao seu irmán France.

“Era un tipo genial, una gran persona, oro de ley, muy valiente, todo un idealista. Lo quitaron de en medio por eso. Antes de que le dispararan se puso a mear delante del pelotón (….) Bebel siempre hablaba de lo mismo, había que transformar el mundo porque es injusto con los oprimidos”

Eduardo Galeano escribíu un fermoso texto sobre o seu fusilamento

Fonte
LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.
FERNANDEZ SANTANDER, C. : Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-39). T. II . Edicións do Castro. Sada, 2000 (pax 634)

France García García “da lejía”

1-Socialistas hacia Gob. Civil para pedir armas y municiones
Foto: primeiro a esquerda Pepin de la Lejia (José García García), detrás, con abrigo, o seu irmán France. 

Naceu en Ribadeo en 1912, traballaba no negocio familiar (unha pequena fábrica de lexías) en A Coruña. Presidente das “Juventudes Socialistas Unificadas” de A Coruña formou parte das milicias populares que defenderon o Goberno Civil, loitando tamén nas rúas da cidade contra os sublevados. Foi  detido en Guitiriz o 25 de xullo do 1936 xunto aos seus irmáns Bebel e Jaurés e xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza de morte.  Foi fusilado o 29 de Xullo aos 24 anos, no mesmo lugar que  o seu irmán Bebel. ( Jaurés foi morto na aplicación de “lei de fugas” xunto a José María Eirís e   Leovigildo Taboada)

Velaquí compartimos un poema incorporado á causa xudicial 366/37.

LAMELA GARCÍA, L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A  Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. Sada. 2005.

Chao: Humor e liberdade

Recolleita dos anos sesenta na cidade da Coruña a partir do libro As voces baixas, de Manuel Rivas.

carcerecoruña Mada Carballeira (32)

Aló polos anos 60, na longa noite de pedra, moitos domingos pola mañá subía pola Zapateira, que daquela era selva, un mozo cun libro na man. Era veciño de Castro de Elviña. Chamábase Manuel Bermúdez, mais era coñecido como Chao, o fillo de Pai-Pai e de Felisa. Era moi querido pola súa simpatía.

Era o primeiro en disfrazarse no Entroido, que nese lugar coruñés tivo sempre moita tradición coa comparsa Os Rexumeiros, que mesmo chegou a enterrar a Franco na vez da Sardiña… e en pleno franquismo! “A misa será o ‘18 de Julio’ se os defuntos cobran a paga extra. E seculé e seculé e seculé, a carne de porco touciño é!”

Pois Chao era desa estirpe ceibe dende neno. E tiña chispa na fala. Mesmo coas frases que subliñaban o petar da partida de naipes na taberna: “Hanche mandar aviso as moscas! ou Vai ver se a gata puxo un ovo! Ou Tiembla Toledo! Ou un solemne Polas barbas de Dostoievski!”

Tiña, ademais, ese misterio de andar sempre cun libro na man.

Unha noite de inverno, inverno da vida e da historia, presentouse o terror en Castro. A Brigada Político Social bateu na casa de Chao, rexistrou até o último recanto, e marchou co mozo cristaleiro, deixando un ronsel de anguria nos pais e na veciñanza. Era o ano 1967.

Seguir lendo

Jaurés García (da lexía)

si IMG_20160223_183145.jpg

Naceu en Ribadeo en 1921, a familia trasladouse a A Coruña e  Jaurés traballaba no negocio familiar da fábrica de lexías. Pertencía ás Juventudes Socialistas, formou parte das milicias populares  que defenderon o Goberno Civil, luchando tamén nas rúas  da cidade contra os sublevados,  foi detido aos 17 anos xunto aos seus irmáns  France e Bebel, en Gutiriz.

Xulgado en A Coruña por rebelión foi condeado a cadena perpetua (debido a súa idade).

O gobernador civil Florentino González Vallés ordenou o 7 de xaneiro de e 1937 que varios presos do cárcere da Coruña foran transladados a  Pamplona. O día 12, no mencer foron sacados Manuel Vázquez González, o vocal del Sindicato de camareros e socio de Germinal, Enrique Rosende Calvo, José María Eirís Carro, Jaurés García García e Leovigildo Taboada Alvarellos con destino ó tren que os levaría a Pamplona.

So chegaron os tres primeiros

Os demáis, foron conducidos polo cabo da Guardia Civil Valeriano Ibáñez Bartolomé, Amador de Mena Domínguez e Dionisio Maestre e leváronos perto do Campo da Rata e aplicáronlles a chamada “Ley de Fugas”.

Os tres homes morreron polos disparos da gardia civil encargada da custodia. Jaurés, esposado, acababa de cumplir os 18 anos, Eirís tiña 35 anos e Leovigildo Taboada -o secretario particular do gobernador civil fusilado Francisco Pérez Carballo- 61 años,

Taboada e Eirís morreron baleados esposados un ó outro.

A Jaurés, despois de morto, concédeselle unha conmutación da pena de morte por 20 anos de cadea.

Fonte:
LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.
http://dfszee.blogspot.com.es/

José Maria Eirís Carro

jose maria eiris O libreiro de San Nicolás asesiñado xunto á Torre

Naceu en A Coruña o 8 de xaneiro de 1902. Libreiro na rúa San Nicolás, dirixente local de Izquierda Republicana, e directivo do Casino Republicano. Foi nomeado delegado do Goberno Civil en 1936 como mediador en varios conflitos na provincia.

Foi detido no momento en que co “Comité de Defensa de la República”, con bandeira blanca, abandonou o edificio gubernativo ao rendirse o gobernador civil, Pérez Carballo, o 20 de Xullo de 1936
Preso na prisión provincial, prestou a primeira declaración ante o Xuiz Instructor militar o día 3 de Agosto de 1936. Foi condenado a cadea perpetua.
O 12 de xaneiro de 1937, aos 35 anos foi asesinado xunto a Jaurés García e Leovigildo Taboada, no Campo da Rata, nas proximidades da Torre de Hércules, nunha suposta aplicación da lei de fugas cando eran “trasladados” ao tren que os debería levar á prisión de Pamplona.

LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. Sada. 2005.