Despedida

foto arbores

“Adeus, amigos. O vendaval que afondou  o noso barco sigue a súa marcha destructora. Agárdanos tempos de tormenta e de xelado vento da intransixencia faran máis dura a loita; somos os vencidos e o soberbio orgullo do déspota acrecerá os croios do camiño. Adeus, compañeiros; levo de todos a lembranza inmorrente de tantas horas de anguria, de tanta congoxa sen consolo; de tantos irmaos inmolados polas balas asesinas do fanatismo; máis tamén levo conmigo o recendo xeneroso dos intres en que xuntos vivimos a solidariedade fraterna de espranzas e de soños. Que os fardos sixilosos vos protexan co seu mantelo insobornable , para que unha alborada fumeante de xustiza achane  o voso vieiro. Adeus para sempre amigos!”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.

Atopan ós compañeiros

carcerecoruña Mada Carballeira (14)

“No cárcere de Coruña estaban moitos compañeiros, habíaos con multa como Iglesias, Galán, Eusebio, un cuñado meu, Morate, Julio Pérez de la Fuente, Bárez, Geluco, Xan María e un tal Molla. Algúns como Cabado, Ramiro Romero, Miraz e Paco Filgueiras, cando tiveron ocasión marcharon para Francia

Xose Loureiro Lugrís, “o vello Loureiro”, preso no 1972

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..

Entrada no cárcere

Cárcel-y-torre (1)

“Cuando entré en la cárcel de La Coruña, me pareció un edificio enorme, inacabable. Al salir, justo frente a la puerta exterior, me volví para contemplar el hall de acceso. Me pareció, de repente, muy pequeño, como si se hubiese sumido y resumido… Después de nueve meses, aquel monstruo a punto de parirme al espacio exterior, me mostraba su vientre convertido en un bucle, mitad obsceno, mitad imaginario, incluso inofensivo en su enanismo, perdido en el espacio y en el tiempo…”

José Torregrosa

Outro cárcere: Carabanchel

carbancheel carcel

Despois fun xulgado polo TOP e leváronme a Carabanchel, alí estaban os dirigentes do proceso 1001: Sartorius, Camacho e Ariza dos que escoitara falar na prisión da Coruña, Tamén estaban Francisco Romero Marín e Simón Sánchez Montero. Na Coruña era como estar facendo o Bachillerato pero en Carabanchel , pola formación e o  nivel intelectual era como ir á Universidade ( ..) falaban como se foran ministros”

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

Nin roupa roxa nin zocas

“Un castigo era o endurecemento da disciplina: así a prohibición de usar roupas de cor roxa e de calzar zocas ou madreñas e así pasar ademáis de frío humidade: “pois o patio estaba sempre mollado da auga que saía do retrete e do grifo”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.

Humillacións e mortes

si foto carcere

Cipriano Alvite foi asasiñado nos primeiros días da sublevación e Loureiro conta como acontecera a morte do sindicalista da construcción e comenta a Xerardo Díaz cómo despois duna malleria obrigáronlle a él e a outro dirixente a percorrer as rúas da cidade:

arrodeados de soldados a repartir papeles imprentados nos que se ordeaba a todos os traballadores que voltaran ós traballos. Despois sen ren afusilárono. Dixeran que houbera un consello de guerra. Mentira. Asesiñarono porque era sindicalista, polas suas ideias e..para dar exemplo….. Iso foi o escomenzo: dempois os fusilamentos foron a cotío…”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.

Asasiñato de Puig Antich

puig antich

O cárcere cambioume a vida totalmente” (…..)

Vivía anguriado e o agarrotamento de Salvador Puig Antich o 2 de marzo de 1974, deulle para matinar que podía morrer:  “ Tiven medo moitas veces e por moitas cousas, pero o asesiñato de Salvador, a súa morte, a pouca xente que foi ó seu enterro, aquela soidade da familia, nese proceso volvo a ter medo. Ese proceso anímico foi superado coa solidariedade e apoio dos compañeiros

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.1.

Aprender no cárcere

LIBROS

 

“Había moitos mestres que daban aula. Estaban sentados no chan arrodeados de alumnos que con lapis e libretas adeprendian de vellos o que non poideron facer de mozos. Tamén había quen enseñaba inglés e francés, e hasta había un catalán que enseñaba alemán

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.

A soidade

carcerecoruña Mada Carballeira (13)

As dez da noite pechábanse as celdas individuales: escoitábase o golpe na porta, era moi cruel e moi duro ( ..) tiña na miña celda colgadas moitas citas bíblicas  e axudábame moito a poesía de Miguel Hernández

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

de: BLANCO CARBALLO, Antonio: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela,  2012.