“Adeus, amigos. O vendaval que afondou o noso barco sigue a súa marcha destructora. Agárdanos tempos de tormenta e de xelado vento da intransixencia faran máis dura a loita; somos os vencidos e o soberbio orgullo do déspota acrecerá os croios do camiño. Adeus, compañeiros; levo de todos a lembranza inmorrente de tantas horas de anguria, de tanta congoxa sen consolo; de tantos irmaos inmolados polas balas asesinas do fanatismo; máis tamén levo conmigo o recendo xeneroso dos intres en que xuntos vivimos a solidariedade fraterna de espranzas e de soños. Que os fardos sixilosos vos protexan co seu mantelo insobornable , para que unha alborada fumeante de xustiza achane o voso vieiro. Adeus para sempre amigos!”
