Neste poema en galego Arturo Taracido agracede a Jordi Tell, de xeito humorístico o retrato que lle fixera na prisión . taracido poema a tell

Neste poema en galego Arturo Taracido agracede a Jordi Tell, de xeito humorístico o retrato que lle fixera na prisión . taracido poema a tell


“Había moitos mestres que daban aula. Estaban sentados no chan arrodeados de alumnos que con lapis e libretas adeprendian de vellos o que non poideron facer de mozos. Tamén había quen enseñaba inglés e francés, e hasta había un catalán que enseñaba alemán”
Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.

“As dez da noite pechábanse as celdas individuales: escoitábase o golpe na porta, era moi cruel e moi duro ( ..) tiña na miña celda colgadas moitas citas bíblicas e axudábame moito a poesía de Miguel Hernández”
Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos
“
No cárcere facía moito frío e humidade, era unha cárcere moi antiga. Alguén regaloume un xersei, alí coñecín a Pillado e ó vello Loureiro”
Vicente Álvarez Areces, preso no ano 1968 pola súa actividade política no PC sendo estudiante en Compostela e no 1972 despois das movilizacións obreiras en Ferrol.

Neste retrato, feito no cárcere o dia 4 de novembro de 1937 por Jordi Tell, móstrasenos a Leandro Carré Alvarellos , fillo de Uxío Carré Aldao e pai de Leandro Carré Brandariz. Da Coruña, foi escritor, traballou na librería do seu pai e despois foi redactor de varias revistas na: Vida Gallega e Tierra gallega .Dirixíu os grupos de teatro dos coros Cántigas da Terra e Saudades e a Escola Dramática Galega, fundou a Editoria Lar e foi membro da Real Academia Galega.
Na adicatoria fala da indignación. Non sabemos porqué será.
Na cadea calquera razón podía ser.
(retrato cedido polo seu neto João Carré dos Reis)
Jaume Gascón era un preso catalán que fora enviado pola GESTAPO a España xunto con Jordi Tell, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón. Despois de ser embarcados en Bremen, arriban ó porto da Coruña e foron encarcelados no cárcere en Abril de 1937.
Lembra o primeiro nadal e a misa do galo na prisión da Coruña e a emoción de oir no órgano a entrañable peza musical.
«Ara això és aviat dit, ara que arreu podem sentir i ballar “la Santa Espina”, però imagineu-vos l’efecte que ens havia de fer a nosaltres, catalans, aquest himne tan nostre, en plena guerra Incivil, en territori franquista, en una presó d’on només se’n sortia per anar a l’altre món, i tenint en compte que aquella mala gent havia fet la seva guerra, com tothom sap, contra Catalunya i el seu nylcris d’ Estatut. Sort que ni els escarcellers ni el capellà no coneixien aquella música, car altrament haurien fet sanfaina de l ‘ Enrique i de l’harmonium i tot”
Arturo Taracido Veira estivo preso no cárcere da Coruña. Nunca quixo falar ós seus fillos da dor da represión e da prisión; non quería que sufriran .
Pero un día contou este suceso: dende a cella víra que levaban ó patio a varios presos antes de os fusilar. Eran moi novos. Desde unha ventá unha reclusa pedíulle a un deles, que tiña moi boa voz, que cantara. Alí, no medio do patio, entonou o “Adiós a la vida”. A peza de Tosca resoou en todo o cárcere.
E lucevan le stelle
ed olezzava la terra
stridea l’uscio dell’orto
e un passo sfiorava la rena.
Entrava ella, fragrante,
mi cadea fra le braccia
Oh! dolci baci,
o languide carezze,
mentr’io fremente
le belle forme disciogliea dai veli!
Svanì per sempre il sogno mio d’amore.
L’ora è fuggita.
E muoio disperato!
E non ho amato mai tanto la vita!
O fillo de Arturo Taracido Veira, Arturo, que ten hoxe noventa e catro anos, volveu a emocionarse con esta historia triste que lle contaba o seu pai.
“Na cadea había unhas condicións moi boas para os presos políticos, era o fruto dos compañeiros que tiñan pasado por aí como Julio Aneiros ou Rafael Pillado, coas súas reivindicacións e folgas de fame”.
José María Freire Piñeiro, preso no ano 1974
“Estiven dous meses en prisión , estba tamén Ignacio Toxo e Alfonso Tellado, tamén dos mayores o vello Rabina de Mugardos, anarquista de toda a vida, o vello Pillado e o meu pai, Loureiro, co que compartín presidio e que me protexía”
Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972
Cando levaron detido ó seu home, Maria quedou de súpeto soa á fronte da familia, nunha situación económica que a desbordaba: “para min foi destrozarme a vida, chorar moitas bagoas día a día pero tiña que vivir para cinco fillos e traballar en todo que se se poñía por diante”. Traballou cosendo, na terra, criaba animais, ía mariscar e de criada. Tamén lle axudaban amigos do marido.
María Beceiro Veiga
muller de José Caride Pintos, sindicalista, preso no ano 1972
Debe estar conectado para enviar un comentario.