poemiña do preso Camilo

gorrion

Estracto dun poemiña do preso Camilo de Dios, escrito cando no ano 1949 estaba na cella no cárcere da Coruña  illado e condeado a morte:  Claro, non tiña que facer, e bueno, tiña un lápiz, tiña un lápiz e unha libreta e ía facendo e… versos, nin eran versos nin eran nada, era o que se me ocurría  a min, das miñas añoranzas como labrador.

Canta, paxariño, canta

o teu cantar xa está libre,

con teu himno á libertade,

fixeches un gran amigo,

e mañán cando aquí voltes,

dareiche migas de trigo,

pra sellar esta amistade

e aprender de ti a ser libre,

xa que os homes non podemos.

Canta, paxariño, canta,

o teu himno a libertade,

cantar quixera contigo.

Camilo de Dios

Na cella de illamento

preso-clemencia-madre-44340

Camilo de Dios describe as condicións nas que estivo nos tres primeiros meses de chegar ó cárcere da Coruña no ano 1949

“Cando entras no cárcere, unha persoa cunha condena, é segredo de sumario. Non podes recibir visitas, nin podes escribir nin podes recibir correspondencia. Botas tres meses aislado, nunha celda que non da ao exterior, que non ten ventás e che acenden a luz un pouquiño pola noite, outro pouquiño á mañá e outro pouquiño ao mediodía para que comas dez minutos, e danche auga. Neses dez minutos tes que comer, lavar o prato e despois lavarte tu no prato porque non tes outro sitio. Nas celdas de aislamento, neses tres meses, non hai duchas nin nada. Despois si. O día que nos sacan da celda, envolvemos o petate: unha colchoneta, unha manta. Pos a manta tendida, fanche dobrar a colchoneta, atar as catro puntas e metes os zapatos, os calcetíns e toda a roupiña que teñas. Atas as catro puntas da manta con toda a roupa, colles a manta ás costas deica a nave de desinfección. Deixas quedar a colchoneta e tu volves desnudo para a celda. Á noite vas buscar aquelo… Un olor que non se para, porque claro, aquelo é tóxico, o vapor co que o desinfectaban”.

entrevista realizada en agosto do  2015

Esperando a condea a morte

si DSCF2515

Camilo de Dios foi preso en maio de 1949 e esperou  na cela dos condeados a morte.

“Na Coruña estiven ata setembro do 50. A vida no cárcere da Coruña era moi mala. Tivemos a sorte que estabamos condeados a morte e dábannos algo mellor de comer que aos outros. Dábannos unha racionciña mellor que aos outros. Os domingos dábannos un ovo frito con pataquiñas e iso xa era moito. Tiñan estipulado tres pesetas para cada preso,  para roupa, luz… Todos os gastos que ocasionaba no cárcere e comida, claro. O enfermo tiña sete e nós tiñamos a ración de enfermo. Pero pasábase moita fame e moito frío.”

Unha pelota de frontón

si 15779335189_426295893c_b

Outro preso condeado a morte do que nos fala Camilo de Dios

“Hai outro camarada que me deixou unha pelota de frontón e cinco duros, que era o que tiña. Fora coronel jefe das forzas blindadas de Extremadura-Cataluña, Benito Ricardo Beneito Sotela, tamén o matou a Guardia Civil. E deixoulle alí aos funcionarios, xa levaba quince anos no cárcere, general en Francia, na resistencia, e levábano para Alemaña, cos prisioneiros alemáns e os maquis, e os maquis atacaron o tren e o liberaron. Toda a vida en guerras e despois de levar once anos no cárcere caeu o Roberto en Granada, un xefe de guerrillas, e descobren que era o xefe das guerrillas aquí en España e aplicáronlle a lei de fugas no penal e deixou dito que me entregasen a pelota do pinpon e cinco duros que tiña. Despois vin a familia en Madrid. Tiña un fillo e unha filla.”

Impresións na chegada ó cárcere

DSCF2541

Camilo de Dios describe a chegada ó cárcere da Coruña despois de ser apreixado e torturado en Ourense

“Caín preso o 18 de marzo (de 1949) noite. Sen pantalóns e sen calzoncillos. Estiven amarrado cunhas cadeas e unhas argollas e sentado. Os pantalóns e os calzoncillos gastáronse. Non me lavei nunca, non me duchei nunca naqueles dous meses. Botábanme caldeiros de auga. Así estiven dous meses na comandancia a Guardia Civil. Lévanme á Coruña para declarar polo asunto do ataque ao cárcere. Lévanme no tren.  Torturaronme trinta ou cuarenta días e os outros foron para repoñerme un pouco. Non podes entrar a rastras no cárcere porque se hai un director cun pouco de humanidade non te recibe.  Fun con  ao cárcere.

Cheguei ó cárcere da Coruña o 16 de maio, de A primeira impresión do cárcere foi marabillosa. Déronme unha colchoneta e cerráronme a porta. Non entrou ninguén. Durmín estupendamente. Púdenme deitar despois de dous meses. Dixéronme que cea non había, que xa a deran, pero foi o mesmo. Eu estaba afeito a cear paos. Estaba na mesma celda que Antonio(Pérez Barreiros). Estivemos sempre xuntos. E incluso condeados a morte. Sempre xuntos. Iamos ao baño xuntos. Cando non estaba unha tal Teresa, unha viúva dun Guardia Civil, que era a que facía a limpeza na comandancia. Estando aquela muller non iamos ao baño porque traía unha lata de sardiñas, orinábamos na lata e ela ía a vaciala.”

Garrote vil

Conta Camilo de Dios como acompañou ó seu compañeiro  José María Saavedra a última noite cando o condearon a garrote vil despois de se ter pegado un tiro para non entregarse á Garda civil.

Cando estabamos condeados a morte sacábannos ao patio no momento da sesta, cando os demais entraban a durmir a sesta despois da comida. Estabamos os dous na mesma celda e sen embargo tiñamos que pasear ao mediodía polo patio coas mans postas ao lombo a dez metros un doutro. E non te podías volver, nin falar co de atrais nin co de diante.

Os condeados a morte estaban todos nas galerías sociais pero non ían ao patio cos sociais. Saían con nós, cos condeados a morte. Entre eles, José María Saavedra, que era compañeiro. O que se pegara o tiro na praza das Mercedes, en Ourense. Pegouse o tiro porque estaba ferido e estabamos os dous rodeados. Eramos parexa para ir dar o golpe. Estaba ferido na man dereita e díxome que lle pegase un tiro. Díxenlle que tiña unha pistola e tiña a outra man. Saqueille a pistola da funda, mirei si estaba cargada, dinlla e pegouse un tiro e caeu. Vinlle as moas caer e o ollo colgando. e unha brecha grande na cabeza e considerei que quedara morto. Sempre pensei que estaba morto ata que tres meses despois o atopei na Coruña. O curaran, algo, porque supuraba constantemente, ata que lle deron garrote vil. Este tamén estaba condeado a morte. Déronlle garrote vil na Coruña. José María estaba solo. Só estivo acompañado a noite que o mataron que pediu que me deixaran pasar con el, e estiven con el ata o último momento. Ata que veu o verdugo estiven con el. Ata as tres e media da mañá que é cando o mataron. Paseino peor ca el. En vez de darlle ánimos eu a el, dábamos el a min.

O garrote vil consiste nun sillón cunhas correas nos pes, outras nas muñecas e logo ven o verdugo a tomarche a medida, mándate sentar no sillón, séntaste no sillón e fai unha mostra no pao, onde ten que poñer a argola  segundo a altura e despois pásante á capela por si queres escribir as últimas vontades e confesarte. Mentres tanto o verdugo pon a roda e cunha argola ao pescozo que vai apretando e vaite estrangulando así. Niso consiste o garrote vil. Non quixo vir a familia. Teño o reloxo del, deixoumo. El viñera de Ferrol co comisario político. El era socialista, republicano, e quería seguir loitando pola república. “

Esperando na cela de castigo

DSCF2540 blanco e negro si

Conta Camilo de Dios a súa estadía no cárcere da Coruña na cela de castigo e á espera da condea.

Fixéronme o consello de guerra estando no cárcere da Coruña. A min pedíronme petición fiscal a pena de morte; as dúas penas de morte pedíanllas a Antonio (Pérez Barreiro) porque era maior de dezaoito ano, pero eu era menor e só me pediron unha. Foron moi humanos.

Cando entras no cárcere, unha persoa cunha condena, é segredo de sumario. Non podes recibir visitas, nin podes escribir nin podes recibir correspondencia. Botas tres meses aislado, nunha celda que non da ao exterior, que non ten ventás e che acenden a luz un pouquiño pola noite, outro pouquiño á mañá e outro pouquiño ao mediodía para que comas dez minutos, e danche auga. Neses dez minutos tes que comer, lavar o prato e despois lavarte tu no prato porque non tes outro sitio. Nas celdas de aislamento, neses tres meses, non hai duchas nin nada. Despois si. O día que nos sacan da celda, envolvemos o petate: unha colchoneta, unha manta. Pos a manta tendida, fanche dobrar a colchoneta, atar as catro puntas e metes os zapatos, os calcetíns e toda a roupiña que teñas. Atas as catro puntas da manta con toda a roupa, colles a manta ás costas deica a nave de desinfección. Deixas quedar a colchoneta e tu volves desnudo para a celda. Á noite vas buscar aquelo… Un olor que non se para, porque claro, aquelo é tóxico, o vapor co que o desinfectaban. Despois pasamos a unha nave onde estaban os outros presos ata que veu o xuíz.

Seguir lendo

Asalto ó cárcere no ano 1948

O grupo guerrilleiro –entre eles Camilo de Dios– intentou liberar a José Gómez Gayoso (Secretario xeral do Partido Comunista en Galicia) e Antonio Seoane (Xefe da IV agrupación do Exército Guerrillero de Galicia), presos no cárcere da Coruña. ,Despois dunha semana de viaxe polo monte desde Ourense, chegan nunha lanchiña por mar á torre de Hércules un grupo de oito guerrilleiros de Ourense apoiado por sete homes de Betanzos; consiguen entrar no cárcere, un deles desfrazado de guardia. Á saida eran esperados pola Guardia civil con ametralladoreas. Non liberaron ós líderes pero conseguiron escapar ilesos da cidade a pesar de que nunca antes estiveran nela.

Entrevista realizada na prisión de A Coruña a Camilo de Dios, feita por Manuel Peña Rey e Carlos Portomeñe.  2009

Extracto do documental “Tempo de memoria” de Jorge Gil