Desfiles de presos famentos polo patio

si carcerecoruña Mada Carballeira (31).jpg

“Porque na Coruña incluso, todo o que tiña menos de 45 anos, tiña que facer unha hora á mañá e outra a tarde de instrucción, a toques de cornetas e tambores. Si si, había un director, Miguel Cuadrillero Angulo;  era un militar legionario, un tipo  que quería que o chamaran “usia” e levaba entorchados dourados , tiña unha vanidá  como non a vin despois no regimiento.  Facíanos desfilar con cornetas, si si, con tambores e cornetas, facía desfilar a  aqueles presos como se foran monos”

Camilo de Dios, preso no cárcere da Coruña no ano 1949

Advertisements

Camilo De Dios

O último guerrilleiro. Un referente de vida e de loita contra as inxustizas.

recorte camilo de dios cando era novo

Desde que estalla o golpe de estado marcha ao monte e únese á guerrilla. En 1949 foi apresado e torturado. Sometido a Consello de Guerra na Coruña, foi condeado a morte e conmutóuselle a pena a trinta años por ser menor de idade.

Ingresa no cárcere da Coruña en maio de 1949. E segue un periplo polas cadeas de España: Palencia, penal de Dueso en Santander, Santoña, Palencia, Segovia, Carbanchel, Alcalá, Madrid, hospital penintenciario de Cuéllar e de novo a Madrid ó penal de Yeserías onde foi excarcerado o 11 de maio de 1959. Pasou dez anos de penalidades nas prisións franquistas.

Seguir lendo