O Campo da Rata de Xohán Casal

Campo da Rata

O Campo da Rata era o lugar onde se realizaban as matanzas e o medo envolveu todo o lugar como a brétema que inunda a costa ás tardiñas. Non se nomeaba ese lugar. Reimundo Patiño, pintor e amigo de Xohán Casal, deu a coñecer o poema e polo tanto o lugar, á nova xeración. Manuel Rivas no seu discurso como académico califica esta obra como “un dos grandes poemas e un dos grandes textos da memoria do terror fascista na Coruña, un dos grandes textos universais que trata do terror e dos efectos do terror na memoria colectiva”.

Seguir lendo

“Non chorei, non lles podía dar ese gusto”

teresa-alvajar-retrato

“A nosa historia está escrita na biografía de Mª Teresa Alvajar. Desde o seu nacemento na Coruña de 1922, os grandes acontecementos deixan pegada na súa vida atravesada por exilios e desgarramentos. Filla do xornalista e político republicano César Alvajar e da galeguista Amparo López Jean, o golpe militar pon fin á súa infancia feliz. Desde entón, a familia comeza unha peregrinaxe que os separará para sempre. Pasou polo cárcere da Coruña e polo desterro e soñou durante moitas noites nunha volta a Galiza que xa nunca se daría”.

Seguir lendo

Asasiñato de Puig Antich

puig antich

O cárcere cambioume a vida totalmente” (…..)

Vivía anguriado e o agarrotamento de Salvador Puig Antich o 2 de marzo de 1974, deulle para matinar que podía morrer:  “ Tiven medo moitas veces e por moitas cousas, pero o asesiñato de Salvador, a súa morte, a pouca xente que foi ó seu enterro, aquela soidade da familia, nese proceso volvo a ter medo. Ese proceso anímico foi superado coa solidariedade e apoio dos compañeiros

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.1.

Aprender no cárcere

LIBROS

 

“Había moitos mestres que daban aula. Estaban sentados no chan arrodeados de alumnos que con lapis e libretas adeprendian de vellos o que non poideron facer de mozos. Tamén había quen enseñaba inglés e francés, e hasta había un catalán que enseñaba alemán

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.

A soidade

carcerecoruña Mada Carballeira (13)

As dez da noite pechábanse as celdas individuales: escoitábase o golpe na porta, era moi cruel e moi duro ( ..) tiña na miña celda colgadas moitas citas bíblicas  e axudábame moito a poesía de Miguel Hernández

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

de: BLANCO CARBALLO, Antonio: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela,  2012.

charla “Arquitectura no cárcere”

charla arquitectura no carcere invitación

O martes 26 de Abril presentouse na casa museo Casares Quiroga en A Coruña   a conferencia titulada “Arquitectura no cárcere”, organizada pola ARMH ( Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) e  PC ( Proxecto  Cárcere) co a  colaboración da ETSA ( Escola técnica Superior de Arquitectura)

Presentou o acto : José Lado (Proxecto cárcere)

Participaron:

Xosé Lois Martínez, arquitecto ( ETSA):  República, arquitectura e cidade, un proxecto interrumpido

Carmen Garcia-Rodeja, profesora (ARMH): Jordi Tell e os compañeiros no seu paso polo cárcere da Coruña

Gemma Domènech, historiadora da arte ( ICRPC) : Jordi Tell arquitecto , a modernidade  na  Coruña, unha vida apaixoante.

A obra de Jordi Tell, a casa Cervigón,  supuxo un dos hitos na modernidade en Galicia e non seguramente ben valorada. Autores como él mesmo ou José Caridad Mateo, foron uns exemplos desa arquitectura e dese concepto de nova aruitecrua  que foi  esmagada pola dictadura.

No cárcere da Coruña había todo tipo de presos entre eles un grupo de catalanes detidos pola GESTAPO en Berlín e e que chegaron en Abril de  1937 Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón.  Diferentes vidas e traxectorias son  testemuñas do sucedido no cárcere.

Seguir lendo

José Maria Eirís Carro

jose maria eiris O libreiro de San Nicolás asesiñado xunto á Torre

Naceu en A Coruña o 8 de xaneiro de 1902. Libreiro na rúa San Nicolás, dirixente local de Izquierda Republicana, e directivo do Casino Republicano. Foi nomeado delegado do Goberno Civil en 1936 como mediador en varios conflitos na provincia.

Foi detido no momento en que co “Comité de Defensa de la República”, con bandeira blanca, abandonou o edificio gubernativo ao rendirse o gobernador civil, Pérez Carballo, o 20 de Xullo de 1936
Preso na prisión provincial, prestou a primeira declaración ante o Xuiz Instructor militar o día 3 de Agosto de 1936. Foi condenado a cadea perpetua.
O 12 de xaneiro de 1937, aos 35 anos foi asesinado xunto a Jaurés García e Leovigildo Taboada, no Campo da Rata, nas proximidades da Torre de Hércules, nunha suposta aplicación da lei de fugas cando eran “trasladados” ao tren que os debería levar á prisión de Pamplona.

LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. Sada. 2005.

Frío no cárcere

carcerecoruña Mada Carballeira (17)

No cárcere facía moito frío e humidade, era unha cárcere moi antiga. Alguén regaloume un xersei, alí coñecín a Pillado e ó vello Loureiro

Vicente Álvarez Areces, preso no ano 1968 pola súa actividade política no PC sendo estudiante en Compostela e no 1972 despois das movilizacións obreiras en Ferrol.

de: BLANCO CARBALLO, Antonio: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.
foto Mada Carballeira

Novo retrato de Jordi Tell: Leandro Carré Alvarellos

uxio carre aldao retrato de Jordi Tell

Neste retrato, feito no cárcere o dia 4 de novembro de 1937 por Jordi Tell, móstrasenos a Leandro Carré Alvarellos , fillo de Uxío Carré Aldao e pai de Leandro Carré Brandariz.  Da Coruña, foi escritor, traballou na librería do seu pai  e despois foi redactor de varias revistas na: Vida Gallega e Tierra gallega .Dirixíu os grupos de teatro dos coros Cántigas da Terra e Saudades e a  Escola Dramática Galega,  fundou a Editoria Lar e foi membro da Real Academia Galega.

Na adicatoria fala da indignación. Non sabemos porqué será.

Na cadea calquera razón podía ser.

(retrato cedido polo seu neto João Carré dos Reis)