Nin roupa roxa nin zocas

“Un castigo era o endurecemento da disciplina: así a prohibición de usar roupas de cor roxa e de calzar zocas ou madreñas e así pasar ademáis de frío humidade: “pois o patio estaba sempre mollado da auga que saía do retrete e do grifo”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.

Humillacións e mortes

si foto carcere

Cipriano Alvite foi asasiñado nos primeiros días da sublevación e Loureiro conta como acontecera a morte do sindicalista da construcción e comenta a Xerardo Díaz cómo despois duna malleria obrigáronlle a él e a outro dirixente a percorrer as rúas da cidade:

arrodeados de soldados a repartir papeles imprentados nos que se ordeaba a todos os traballadores que voltaran ós traballos. Despois sen ren afusilárono. Dixeran que houbera un consello de guerra. Mentira. Asesiñarono porque era sindicalista, polas suas ideias e..para dar exemplo….. Iso foi o escomenzo: dempois os fusilamentos foron a cotío…”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.

A memoria do cárcere da Coruña, un fío de historias de represión e resistencia

Artigo de Marcos Pérez Pena en PLAZA.GAL sobre o blog Memorias do cárcere

“O outro día estaba cunha familia, que coñezo dende hai tempo. A muller é filla dun avogado moi coñecido que estivo preso na prisión da Coruña. Contaba, diante dos seus fillos, que ‘era terrible ir á comisaría, aquela música era terrible’. ‘Que música, mamá?’. ‘Aquela música que poñían na comisaría, poñían música clásica moi alta para que non se escoitasen os berros das persoas ás que estaban torturando’. E foi aí cando unha das súas fillas tivo unha revelación: “Entón era por iso que nunca nos deixaches escoitar música clásica na casa?”.

Carmen García-Rodeja coordina o blog Memoria do Cárcere, un proxecto impulsado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica  que dende hai uns meses, semana a semana, vai relatando as experiencias persoais dos centos de presos políticos que pasaron pola prisión provincial, co obxectivo de “dar voz aos que alí sufriron, lembralos, nomealos, contar a súa historia entendemos que é un deber cidadán”.

“A través da historia dun preso, vas tirando dun fío e saen moitísimas historias. Foi moitísima a xente que pasou por esta prisión. Veciños, amigos, cando vas preguntando vas sabendo cousas. Para moitas persoas supuxo un antes e un despois, e tamén para as súas familias. E despois está a gran cantidade de persoas que mataron alí, no Campo da Rata, ou na propia prisión, a garrote vil, ademais daqueles que subían nun coche e desaparecían para sempre”, destaca Carmen García-Rodeja, que expresa a súa confianza en que os contidos destes espazo virtual, formado xa por ducias de historias persoais, acompañadas de documentos inéditos, poidan conformar nalgún momento unha exposición física, no propio recinto da prisión, aínda propiedade do Ministerio do Interior.

A información completa en: http://praza.gal/cultura/11718/a-memoria-do-carcere-da-coruna-un-fio-de-historias-de-represion-e-resistencia/

Jaurés García (da lexía)

si IMG_20160223_183145.jpg

Naceu en Ribadeo en 1921, a familia trasladouse a A Coruña e  Jaurés traballaba no negocio familiar da fábrica de lexías. Pertencía ás Juventudes Socialistas, formou parte das milicias populares  que defenderon o Goberno Civil, luchando tamén nas rúas  da cidade contra os sublevados,  foi detido aos 17 anos xunto aos seus irmáns  France e Bebel, en Gutiriz.

Xulgado en A Coruña por rebelión foi condeado a cadena perpetua (debido a súa idade).

O gobernador civil Florentino González Vallés ordenou o 7 de xaneiro de e 1937 que varios presos do cárcere da Coruña foran transladados a  Pamplona. O día 12, no mencer foron sacados Manuel Vázquez González, o vocal del Sindicato de camareros e socio de Germinal, Enrique Rosende Calvo, José María Eirís Carro, Jaurés García García e Leovigildo Taboada Alvarellos con destino ó tren que os levaría a Pamplona.

So chegaron os tres primeiros

Os demáis, foron conducidos polo cabo da Guardia Civil Valeriano Ibáñez Bartolomé, Amador de Mena Domínguez e Dionisio Maestre e leváronos perto do Campo da Rata e aplicáronlles a chamada “Ley de Fugas”.

Os tres homes morreron polos disparos da gardia civil encargada da custodia. Jaurés, esposado, acababa de cumplir os 18 anos, Eirís tiña 35 anos e Leovigildo Taboada -o secretario particular do gobernador civil fusilado Francisco Pérez Carballo- 61 años,

Taboada e Eirís morreron baleados esposados un ó outro.

A Jaurés, despois de morto, concédeselle unha conmutación da pena de morte por 20 anos de cadea.

Fonte:
LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.
http://dfszee.blogspot.com.es/

O Campo da Rata de Xohán Casal

Campo da Rata

O Campo da Rata era o lugar onde se realizaban as matanzas e o medo envolveu todo o lugar como a brétema que inunda a costa ás tardiñas. Non se nomeaba ese lugar. Reimundo Patiño, pintor e amigo de Xohán Casal, deu a coñecer o poema e polo tanto o lugar, á nova xeración. Manuel Rivas no seu discurso como académico califica esta obra como “un dos grandes poemas e un dos grandes textos da memoria do terror fascista na Coruña, un dos grandes textos universais que trata do terror e dos efectos do terror na memoria colectiva”.

Seguir lendo

“Non chorei, non lles podía dar ese gusto”

teresa-alvajar-retrato

“A nosa historia está escrita na biografía de Mª Teresa Alvajar. Desde o seu nacemento na Coruña de 1922, os grandes acontecementos deixan pegada na súa vida atravesada por exilios e desgarramentos. Filla do xornalista e político republicano César Alvajar e da galeguista Amparo López Jean, o golpe militar pon fin á súa infancia feliz. Desde entón, a familia comeza unha peregrinaxe que os separará para sempre. Pasou polo cárcere da Coruña e polo desterro e soñou durante moitas noites nunha volta a Galiza que xa nunca se daría”.

Seguir lendo

Asasiñato de Puig Antich

puig antich

O cárcere cambioume a vida totalmente” (…..)

Vivía anguriado e o agarrotamento de Salvador Puig Antich o 2 de marzo de 1974, deulle para matinar que podía morrer:  “ Tiven medo moitas veces e por moitas cousas, pero o asesiñato de Salvador, a súa morte, a pouca xente que foi ó seu enterro, aquela soidade da familia, nese proceso volvo a ter medo. Ese proceso anímico foi superado coa solidariedade e apoio dos compañeiros

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.1.

Aprender no cárcere

LIBROS

 

“Había moitos mestres que daban aula. Estaban sentados no chan arrodeados de alumnos que con lapis e libretas adeprendian de vellos o que non poideron facer de mozos. Tamén había quen enseñaba inglés e francés, e hasta había un catalán que enseñaba alemán

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.