O autor, Carlos Velasco, a partir de reflexións de expresos, reflexiona sobre o terrible destino que lles esperaba ós que estiveran detidos e saían en “libertade”.
Galiza e Espanha: umha imensa prisom
O autor, Carlos Velasco, a partir de reflexións de expresos, reflexiona sobre o terrible destino que lles esperaba ós que estiveran detidos e saían en “libertade”.
Conto dito no cárcere da Coruña no filme baseado no libro de Manuel Rivas “O lápis do carpinteiro”

28 de julio de 1936
Madre:
Se que tu no estarás arrepentida de que tus hijos fuesen juzgados por la santa causa; sé que te remorderá por cometerse con ellos tantas injusticias, como con nuestro padre. ¡Ah! Pero él no cesó en la lucha por muchas que fuesen las injusticias. Nosotros le seguimos hasta los últimos momentos, prueba de ésto es lo que nos ocurre. Pero yo se que tu no desmayaras en la lucha pues tu siempre has contribuido enormemente en la lucha del proletariado. ¡Sé fuerte! Tienes que criar a mis hermanitos como lo has hecho con nosotros, pero creo que saldrán a su padre y a sus hermanos mayores.
Abrazos de tu hijo Bebel, al igual que a mis hermanitos.
O día seguinte o deportista Bebel foi fusilado no campo da rata xunto con -entre outros- o seu irmán France. Tiña 23 anos.

Camilo de Dios describe a chegada ó cárcere da Coruña despois de ser apreixado e torturado en Ourense
“Caín preso o 18 de marzo (de 1949) noite. Sen pantalóns e sen calzoncillos. Estiven amarrado cunhas cadeas e unhas argollas e sentado. Os pantalóns e os calzoncillos gastáronse. Non me lavei nunca, non me duchei nunca naqueles dous meses. Botábanme caldeiros de auga. Así estiven dous meses na comandancia a Guardia Civil. Lévanme á Coruña para declarar polo asunto do ataque ao cárcere. Lévanme no tren. Torturaronme trinta ou cuarenta días e os outros foron para repoñerme un pouco. Non podes entrar a rastras no cárcere porque se hai un director cun pouco de humanidade non te recibe. Fun con ao cárcere.
Cheguei ó cárcere da Coruña o 16 de maio, de A primeira impresión do cárcere foi marabillosa. Déronme unha colchoneta e cerráronme a porta. Non entrou ninguén. Durmín estupendamente. Púdenme deitar despois de dous meses. Dixéronme que cea non había, que xa a deran, pero foi o mesmo. Eu estaba afeito a cear paos. Estaba na mesma celda que Antonio(Pérez Barreiros). Estivemos sempre xuntos. E incluso condeados a morte. Sempre xuntos. Iamos ao baño xuntos. Cando non estaba unha tal Teresa, unha viúva dun Guardia Civil, que era a que facía a limpeza na comandancia. Estando aquela muller non iamos ao baño porque traía unha lata de sardiñas, orinábamos na lata e ela ía a vaciala.”
Un antiguo balneario de luxo, convertido en seminario e finalmente en prisión. Localizado na praia de Saturrarán (Mutriku), albergó un dos maiores e máis crueles cárceres do Régximen Franquista. Saturrarán converíuse en prisión de mulleres clasificadas de “extremadamente rebeldes e perigosas”. Dúas mil mulleres republicanas de idades entre os 16 e os 80 anos de todos os lugares de España, estiveron presas entre 1937 y 1944.
Andrés García Ferreiro, abogado e secretario do concello de Vimianzo, no pudo evitar a súa persecución e foi condeado en consello de guerra. De nada valeron ás súplicas e a declaración da súa inocencia. Foi fusilado 15 de marzo de 1937.
Esta carta é un testamento de amor ó seu fillo.

Lectura da carta pola neta Beatriz García Trillo no acto celebrado en marzo de 2019 na casa museo Casares Quiroga de A Coruña dentro das actividades de “Habitar a palabra” organizado pola ARMH e “Memoria do cárcere”.
Entrevista a Camilo de Dios , guerrilleiro que se botou ó monte cando tiña 16 anos xunto con toda a familia e pasou dez anos de penalidades nos cárceres franquistas.
Entrevista realizada por V televisión co gallo de ser nombrado republicano de honra na Coruña no ano 2016.

Conta Camilo de Dios como acompañou ó seu compañeiro José María Saavedra a última noite cando o condearon a garrote vil despois de se ter pegado un tiro para non entregarse á Garda civil.
“Cando estabamos condeados a morte sacábannos ao patio no momento da sesta, cando os demais entraban a durmir a sesta despois da comida. Estabamos os dous na mesma celda e sen embargo tiñamos que pasear ao mediodía polo patio coas mans postas ao lombo a dez metros un doutro. E non te podías volver, nin falar co de atrais nin co de diante.
Os condeados a morte estaban todos nas galerías sociais pero non ían ao patio cos sociais. Saían con nós, cos condeados a morte. Entre eles, José María Saavedra, que era compañeiro. O que se pegara o tiro na praza das Mercedes, en Ourense. Pegouse o tiro porque estaba ferido e estabamos os dous rodeados. Eramos parexa para ir dar o golpe. Estaba ferido na man dereita e díxome que lle pegase un tiro. Díxenlle que tiña unha pistola e tiña a outra man. Saqueille a pistola da funda, mirei si estaba cargada, dinlla e pegouse un tiro e caeu. Vinlle as moas caer e o ollo colgando. e unha brecha grande na cabeza e considerei que quedara morto. Sempre pensei que estaba morto ata que tres meses despois o atopei na Coruña. O curaran, algo, porque supuraba constantemente, ata que lle deron garrote vil. Este tamén estaba condeado a morte. Déronlle garrote vil na Coruña. José María estaba solo. Só estivo acompañado a noite que o mataron que pediu que me deixaran pasar con el, e estiven con el ata o último momento. Ata que veu o verdugo estiven con el. Ata as tres e media da mañá que é cando o mataron. Paseino peor ca el. En vez de darlle ánimos eu a el, dábamos el a min.
O garrote vil consiste nun sillón cunhas correas nos pes, outras nas muñecas e logo ven o verdugo a tomarche a medida, mándate sentar no sillón, séntaste no sillón e fai unha mostra no pao, onde ten que poñer a argola segundo a altura e despois pásante á capela por si queres escribir as últimas vontades e confesarte. Mentres tanto o verdugo pon a roda e cunha argola ao pescozo que vai apretando e vaite estrangulando así. Niso consiste o garrote vil. Non quixo vir a familia. Teño o reloxo del, deixoumo. El viñera de Ferrol co comisario político. El era socialista, republicano, e quería seguir loitando pola república. “

Conta Camilo de Dios a súa estadía no cárcere da Coruña na cela de castigo e á espera da condea.
Fixéronme o consello de guerra estando no cárcere da Coruña. A min pedíronme petición fiscal a pena de morte; as dúas penas de morte pedíanllas a Antonio (Pérez Barreiro) porque era maior de dezaoito ano, pero eu era menor e só me pediron unha. Foron moi humanos.
Cando entras no cárcere, unha persoa cunha condena, é segredo de sumario. Non podes recibir visitas, nin podes escribir nin podes recibir correspondencia. Botas tres meses aislado, nunha celda que non da ao exterior, que non ten ventás e che acenden a luz un pouquiño pola noite, outro pouquiño á mañá e outro pouquiño ao mediodía para que comas dez minutos, e danche auga. Neses dez minutos tes que comer, lavar o prato e despois lavarte tu no prato porque non tes outro sitio. Nas celdas de aislamento, neses tres meses, non hai duchas nin nada. Despois si. O día que nos sacan da celda, envolvemos o petate: unha colchoneta, unha manta. Pos a manta tendida, fanche dobrar a colchoneta, atar as catro puntas e metes os zapatos, os calcetíns e toda a roupiña que teñas. Atas as catro puntas da manta con toda a roupa, colles a manta ás costas deica a nave de desinfección. Deixas quedar a colchoneta e tu volves desnudo para a celda. Á noite vas buscar aquelo… Un olor que non se para, porque claro, aquelo é tóxico, o vapor co que o desinfectaban. Despois pasamos a unha nave onde estaban os outros presos ata que veu o xuíz.
Debe estar conectado para enviar un comentario.