O testemuño do vello Pillado

No seu libro de memorias Manuel Pillado conta o tempo pasado en prisión no ano 1972. Alí estiveron tamén con él os seus dous fillos Rafael e Raúl tamén sindicalistas. Compara a situación do cárcere no 72 coa que vivira na posguerra: a comida, a organización, describe as súas conversas cun funcionario co que xa coincidira en outras prisións e a solidaridade entre os presidiarios…

Seguir lendo

Descripción do cárcere

 

 

 

 

 

 

 

 

A prisión da Coruña dispuña de catro patios, separados por unas galerías repletas de celas no baixo e no primiero piso, en froma de cruz. O que quedaba á esquerda , segundo se entraba, correspondía ás mulleres, totalmente illado das instalaciós para homes , ainda que as lendas carcelarias falaban  de visitas de certos personaxes privilexiados ( funcionarios e presos clase A)  a ese enclave. O da esquerda, no interior,era o lugar onde se achaba a barberías e outras dependencias auxiliares.

No da dereita interior, deambulando todo o día, amontoábanse os presos común. O único que se lles ofrecía naquel recinto para integrase na sociedade, consistía en dar voltas e mási voltas , sen outro quefacer que malcomer, realizr xogos de azar e recibir “cursiños acelerados” para circular con éxito  pola senda do delito e pucas cousas máis.

E para rematar, o patio da dereita segundo se entra, en cuxas dependendencia a nivel do primiero piso, estaba instalada a enfermería. Este patio era o asignado ós presos políticos.”

Rafael Pillado: Latexos de Vida e de Conciencia. Ed. Fuxo Buxan, Ferrol, 2012

A vida no cárcere no libro “O lápis do carpinteiro”

En 1936, ao sublevarse os militares contra a II República, os rebeldes encerraron miles de presos nos territorios que van gañando. En Galicia, na prisión provincial da Coruña, amorearon ata dous miles presos nunha prisión na que só podían caber 200, en condicións de hixiene infrahumanas e un ambiente de terror. Situada no “barco de pedra” que se adianta ao mar, fronte á Torre de Hércules e a un espazo xeográfico baleiro naquela época, era o último paradoiro antes dos asasinatos nocturnos, polo xeral.
Seguir lendo

Himnos falanxistas

220px-COA_Spain_under_Franco_1938_1945_bureaucratic_version.svg

No cárcere facíanlles  cantar ós presos as cancións fascistas.

 

 

 

 

Humillában-nos a cotío e para vexarenos máis, agora tíñamos que cantar, obrigados, as estrofas do himnos máis odiados pro nós, as que entonaban con rexouba  os que asesinabas ós noso irmáns. Era unha crueldade inútile” Mandábanlles berrar, España, una España grande, España libre, “A palabra libre!!! Foi berrada con tal forza que a deberon ouvir  nos Cantóns

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 

Situación na que chegaban algúns dos presos

“González,  o médico,  viña da enfermería, Viña coa faciana esluada e amostrábase moi tristeiro..  Hai algo que me revolveu o bandullo e que me deixou anguriado. Estaba na enfermería falando co meu cofrade cando chegaron cun preso nunha camilla. Viña sin sentido. Trátase dun home xoven, como de trinta anos. O oficial que o acompañaba dixo con sonrisa despectiva:

– A ver se podedes facer algo por éste.. ainda coido que  non paga a pena…

O probe home estaba suoroso, eluado e amosaba un carís impresionate. Na facian e no corpo víanse as roxas sinais dos golpes recibidos a xuzgar polas contusións esmatosas e os morados cardenales. O castigo debeu ser abraiante… Sacáronlle a roupa e apareceron as costas e nelas as huellas terribles  que deixaron na aplicación na carne viva dunha plancha ben quente; víase catro queimaduras profundas, dúas no lombo e dúas nas nádegas; as do lombo son tan profndas ue se poden ver as costelas, carne chmuscada polas beiras. Os delores deberon ser terribles. Ademáis tiña cardenales roxos polo resto do corpo, sinais ríspidas dunha tralla manexada con asaño. Dimpois do suplicio, por qué non o levaron a un hospital en lugar de metelo na cadea? Por sorte para él finou antes de recobrr o sentido. Quén era? Nunca o soupemos.

Cecais nin a súa familia, si a tiña, ainda hoxe iñorará o final deste probe mártir.

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.