“González, o médico, viña da enfermería, Viña coa faciana esluada e amostrábase moi tristeiro.. Hai algo que me revolveu o bandullo e que me deixou anguriado. Estaba na enfermería falando co meu cofrade cando chegaron cun preso nunha camilla. Viña sin sentido. Trátase dun home xoven, como de trinta anos. O oficial que o acompañaba dixo con sonrisa despectiva:
– A ver se podedes facer algo por éste.. ainda coido que non paga a pena…
O probe home estaba suoroso, eluado e amosaba un carís impresionate. Na facian e no corpo víanse as roxas sinais dos golpes recibidos a xuzgar polas contusións esmatosas e os morados cardenales. O castigo debeu ser abraiante… Sacáronlle a roupa e apareceron as costas e nelas as huellas terribles que deixaron na aplicación na carne viva dunha plancha ben quente; víase catro queimaduras profundas, dúas no lombo e dúas nas nádegas; as do lombo son tan profndas ue se poden ver as costelas, carne chmuscada polas beiras. Os delores deberon ser terribles. Ademáis tiña cardenales roxos polo resto do corpo, sinais ríspidas dunha tralla manexada con asaño. Dimpois do suplicio, por qué non o levaron a un hospital en lugar de metelo na cadea? Por sorte para él finou antes de recobrr o sentido. Quén era? Nunca o soupemos.
Cecais nin a súa familia, si a tiña, ainda hoxe iñorará o final deste probe mártir.”
Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.