En 1936, ao sublevarse os militares contra a II República, os rebeldes encerraron miles de presos nos territorios que van gañando. En Galicia, na prisión provincial da Coruña, amorearon ata dous miles presos nunha prisión na que só podían caber 200, en condicións de hixiene infrahumanas e un ambiente de terror. Situada no “barco de pedra” que se adianta ao mar, fronte á Torre de Hércules e a un espazo xeográfico baleiro naquela época, era o último paradoiro antes dos asasinatos nocturnos, polo xeral.
En varios capítulos do seu libro O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas evoca a represión cega, os paseos, a participación do clero nas matanzas, as condicións de vida dos presos, a resistencia e a solidariedade que puideron organizar para sobrevivir.